Presentación de Oculus Rift – César Porto Vence

oculusRift

O vindeiro mércores 29 de abril ás 12:00h, Aula D, escola de deseño será o escenario onde o desenvolvedor de contornos 3D César Porto Vence presentará e fará unha demostración en directo das características e capacidades do dispositivo de realidade virtual Oculus Rift.

Os asistentes a esta presentación poderán probar e experimentar as gafas Oculus Rift DK2 cun escenario arquitectónico en Unreal 4.


 

OCULUS RIFT

Durante muchos años de intentos fallidos por proporcionar gafas de realidad virtual para el público en general, nos encontramos en un nuevo y prometedor resurgir; los avances tecnológicos de pantallas para dispositivos móviles y la capacidad de las nuevas tarjetas gráficas, móviles y tabletas, (con potencia suficiente para simular entornos 3D realistas y sensores que recogen los movimientos del usuario), hacen que la experiencia de inmersión sea cada vez más intensa.

Aplicaciones como Unreal engine 4 y Unity3D 5, ahora gratuitas, abren el campo a todo tipo de disciplinas para poder explorar esta nueva forma de inmersión. Sus tecnologías, que simulan las interacciones de la luz de forma realista, eventos físicos, condiciones climáticas, paisajes naturales, etc, permiten que el usuario sienta, en ámbitos como el de la arquitectura, una inmersión absoluta en el entorno, pudiendo interactuar y casi tocar elementos del escenario tridimensional.

Oculus Rift es un proyecto surgido de Kickstarter y, por tanto, financiado en sus inicios por la comunidad de usuarios; su éxito fue tal que en 2014 fue comprado por Facebook con el fin de impulsar el avance de la realidad virtual. Hoy, grandes compañias como Google, Sony, HTC o Samsung apoyan el desarrollo de estos dispositivos uniéndose a una carrera por posicionarse en el futuro, cada vez más cercano, de la realidad virtual.

 

1º Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas

ensinanzas-artisticas-aula-d

Este venres 13 e o sábado 14 Aula D participará na 1º Feira de Ensinanzas Profesionais e Artísticas que se levará a cabo na Estación Marítima de Vigo. Será un encontro onde os diferentes centros da cidade poderán darse a coñecer e amosar aos visitantes o labor que desempeñan na formación de profesionais do deseño, da danza, da interpretación ou da música, entre outros.

O horario será continuado, entre as 10:00h e as 20:00h durante o que, por suposto, invitámosvos a todos a visitar o noso stand, compartir conosco as vosas impresións e mesmo pasar un rato agradable nun evento cheo de creatividade.

CIDE 2014

_MG_2481

No pasado mes de decembro finalizou o Curso de Introdución ao Deseño; durante o mesmo o alumnado tivo a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos dando forma a dous proxectos: un punto de información turística e unha luminaria. En ámbolos dous casos, os resultados superaron as expectativas, tendo en conta que este é un curso introductorio e o alumnado carecía de experiencia previa na xestión de proxectos destas características. Seguir leyendo «CIDE 2014»

Islas, náufragos invisibles. Proxecto conxunto 2014

 

20141218_103

Durante o pasado mes de decembro levouse a cabo na escola un proxecto colaborativo entre o alumnado da escola e o fotógrafo Miguel Núñez no que seis grupos de traballo, formados por alumnos/as dos ciclos de Gráfica Publicitaria e Deseño de Interiores, reflexionaron sobre os diferentes conceptos implícitos na obra fotográfica de Miguel, Islas, náufragos invisibles, interpretándoa e aportado puntos de vista distintos dende a multidisciplinaridade que permite a integración de medios audiovisuais, gráficos e construtivos nun espazo determinado.

Seguir leyendo «Islas, náufragos invisibles. Proxecto conxunto 2014»

Malestar

deseno

Recentemente o Ministerio de Economía e Competitividade do Goberno de España tomou a decisión de non convocar os Premios Nacionais de Deseño e Innovación 2014, deixando así fora de todo recoñecemento a un sector clave no desenvolvemento do país. Unha decisión insólita tendo en conta que tódolos indicadores coinciden en que deseño é un dos factores determinantes en todo proceso de recuperación económica, como así recoñece a Unión Europea, e que supón un piar especialmente importante en calquera modelo que aposte pola innovación.

Dende esta escola, e en sintonía coa DAG e as principais asociacións de deseño de España, expresamos o noso profundo malestar ante esta decisión, que supón un claro desagravio a todo un sector que, dende as súas diferentes disciplinas, vai ser claramente determinante no noso crecemento nos vindeiros anos.

A*Sombra Produccións. Alfonso Vázquez Cortizo

O pasado 20 de novembro tivemos o pracer de compartirmos con Alfonso Vázquez Cortizo, realizador e produtor xunto con Javier Álvarez en A*Sombra produccións, a súa visión persoal e profesional do eido audiovisual en Galicia.

Dende unha dilatada experiencia, ben como profesional para diferentes medios (TVG, Localia, Faro Producciones ou V Televisión, entre outros), ben na súa faceta de produtor independente, Alfonso expuxo a través de diferentes traballos  todos aqueles aspectos involucrados na realización dun proxecto audiovisual: dende o anteproxecto, o financiamento, os aspectos técnicos, ou o traballo en equipo ata a relación co cliente e o produto final.

O recoñecemento ao seu traballo viu dado a través do Premio Mestre Mateo ao mellor documental no ano 2012 por 100% CEF, unha produción sobre o escritor Celso Emilio Ferreiro dirixido por Aser Álvarez.

Cómpre destacar tamén o seu compromiso cos novos creadores do audiovisual en Galicia, algo que se pon de manifesto en proxectos como o festival de curtametraxes Curtopía, do que é organizador dende a súa primeira edición no ano 2010.

Trala charla os nosos bolseiros Sarah e Marcos tiveron a oportunidade de facerlle a Alfonso algunhas preguntas que compartimos convosco:

Como naceu A*Sombra?

A*Sombra xurdiu a partires dunha serie de experiencias negativas que se deron traballando por conta allea. Non se valoraba a creatividade; houbo un momento no que tiñamos o coñecemento necesario para crear cousas e a posibilidade de prescindir dun xefe que te limitara á hora de traballar.

Comezaron a perdírmonos traballos, e así o noso primeiro paso foi o documental «Gándaras de Budiño«(encargo de Xián Nieto), sendo iste o xeito de abrirmonos os ollos e botar para diante.

De que xeito afectou o premio Mestre Mateo ao voso traballo?

Sobre todo no recoñecemento público dun traballo ben feito. A xente que traballa connosco valóranos. Asemade, ter un premio destas características no currículum tamén resulta de axuda á hora de pedir subvencións ou bolsas.

Como foi o proxecto ‘Galicia Connection’?

O proxecto «Galicia Connection» foi moi intersante. Tratouse dun programa de televisión cun formato moi novidoso emitido nunha canle moi nova; foi un reto chulísimo que nos aportou unha visión moi enriquecedora xa que poidemos coñecer a case 100 persoas extranxeiras que vían Galicia dende outra perspectiva.

Fálanos da túa vindeira longametraxe.

Para a longametraxe ‘Contrafaces’ conseguín unha subvención de talento de Agadic. Trátase dun híbrido entre documental e ficción  ao tempo un proxecto sobre os idiomas e a identidade individual e colectiva no que aparecerán diversas linguas como o galego, o islandés, o inglés e mesmo un idioma ficticio.

XXI Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Vense de publicar a convocatoria do XXI Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de exalumnos do I.E.S. Monelos.  Nesta convocatoria concederanse tres premios, varios accésit a criterio do xurado e unha bolsa para a produción dun proxecto fotográfico. O xurado estará formado por un representante da asociación, outro representante do Instituto Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.

O prazo para presentar os traballos remata o 10 de marzo de 2015 e poderanse presentar tódolos alumnos/as que cursen estudos de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas artísticas en Galicia, cun límite de idade de 21 anos.

Podedes ampliar información sobre o concurso na súa páxina de facebook.

Abrir publicación

Exposición de traballos do 10º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Dende o día 7 deste mes e ata o vindeiro 5 de decembro estará aberta ao público a exposición dos traballos premiados no 10º Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Este certame, xa consolidado, abre unha porta aos estudantes galegos para dar mostra das súas capacidades creativas, expresivas e técnicas a través da disciplina fotográfica.

A exposición estará aberta ao público no espazo polivalente de Aula D (Rúa Ourense 4) de luns a venres entre as 09:00 e as 15:00 e de martes a xoves tamén en horario de tarde entre as 16:30 e as 21:00.

Programación de cursos monográficos

Programación de cursos monográficos para o cuarto trimestre de 2014 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – Vigo (xunto á Casa da Xuventude). O horario dos cursos será de 18.00h a 21.00h.

Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con nós en cursos@aulad.com ou a través do teléfono 986 214 076.

Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes vínculos:

Exposición Objetos – Iconos TRANS-FORMA

O vindeiro xoves 25 de setembro inaugúrase no Espacio Sirvent a exposición Objetos – Iconos TRANS – FORMA.
ZANOTTA, empresa protagonista da historia do deseño italiano, e FABRICA, Laboratorio Internacional de Investigación do Grupo BENETTON, colaboran nesta exposición de 17 pezas históricas, reinterpretadas de forma contemporánea.

Amais da exposición, o director da Fundación Luis Seoane David Barro introduciranos na interrelación que existe entre estas disciplinas tan próximas como son o Deseño e a Arte coa conferencia «Arte, Diseño y otras gaitas».

Lugar: Espacio Sirvent
Data e hora: xoves 25 de setembro ás 20:00

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6 7
Volver arriba