DESEÑO DE ESPAZOS EXPOSITIVOS

CURSO DE ESPECIALIZACIÓN

54 horas

CURSO 2023

XANEIRO - MARZO

ESCAPARATES, STANDS E EXPOSICIÓNS

Introdución

O CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN DESEÑO DE ELEMENTOS E ESPAZOS EXPOSITIVOS é un curso no que se imparten coñecementos sobre esta disciplina e que permitirán ao alumnado achegarse e profundizar no desenvolvemento de proxectos que integren os elementos a expoñer co contorno e contexto que os envolve.

Hoxe en día a comunicación visual é unha das principais disciplinas que, xunto co marketing e a publicidade, determinan a aceptación de gran cantidade de produtos, servizos ou eventos. Nos últimos tempos faise absolutamente necesario dispor dunha visión ampla que permita establecer conexións entre as diferentes disciplinas que concorren nun proxecto profesional, en contra de anteriores plantexamentos que non valoraban a importancia desta colaboración. Así, é fundamental que os profesionais do deseño gráfico dispoñan de coñecementos vinculados ao deseño dos espazos sobre os que intervirán (stands, exposicións, escaparates, etc) o que lles permitirá desenvolver o seu traballo axeitadamente.

Este curso está homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria obtendo á súa finalización 3 créditos ECTS.

Contidos

UNIDADES TEÓRICAS (18 h.)

Historia da arquitectura efémera: O mundo antigo. Sociedades
nómadas e grandes civilizacións: A guerra, a relixión, o teatro, o
mercado, o ocio. A revolución industrial. As Exposicións Universais. O
coleccionismo e os museos. A actualidade. A cultura do ocio: Turismo,
comercio e espectáculos.

Teoría do deseño: Campos de actuación da ergonomía.
Antropometría e percepción sensorial. Teoría da forma bidimensional.
Organizacións formais e espaciais. A luz coloreada.

Comunicación: Cultura e comunicación visual contemporánea.
Mensaxe e público obxectivo. Uso dos textos e a tipografía. Técnicas
de intervención visual (impresión, rotulación, etc).

Monográficos: Conceptualización. Arquitectura efémera: Stands.
Produción de exposicións e eventos.

Construcción: Propiedades dos materiais. A reciclaxe. Sistemas de
fixación e anclaxe. Montaxe. Iluminación. Conceptos e aplicación.

UNIDADES TÉCNICO-PRÁCTICAS (36 h.)
Medios informáticos: Aprendizaxe e aplicación de software de modelado 3d.
Proxectos: Escaparate, exposición.
Proxecto persoal.

Metodoloxía

A materia a impartir se desenvolve a través de dous eixos:
Clases teóricas que capacitarán ao alumnado para comprender as cuestións formais, construtivas e conceptuais da comunicación visual implícitas do deseño de elementos e espazos expositivos.
Asemade, monográficos impartidos por outros especialistas invitados que proporcionen tanto os aspectos de tipo conceptual como outros propios da práctica da profesión.
Clases prácticas adicadas a o manexo de programas informáticos de modelado en 3D e a realización dos proxectos nos que aplicar os coñecementos adquiridos no curso, tendo en conta non só os problemas técnicos senón tamén aqueles referidos a criterios conceptuais e comunicativos.
Ao finalizar o curso o alumnado disporá dos recursos necesarios para realizar proxectos propios.

Perfil do alumnado e requisitos de acceso

O curso vai dirixido a deseñadores que teñan interese polos aspectos técnicos e comunicativos relativos á exposición de obras de arte ou promoción de produtos comerciais ou de calquera outro tipo, e que desexen obter os coñecementos fundamentais para o desenvolvemento de proxectos persoais, en colaboración, ou iniciarse de cara a unha futura labor profesional.

Cando non se dispoña de experiencia ou formación previa no ámbito do deseño, recoméndase realizar previamente o Curso de Introdución ó Deseño. Noutros casos (arquitectos, interioristas, publicistas, deseñadores gráficos, industriais, …) non será preciso.

PROFESORADO

O profesorado estará formado por profesionais con longa experiencia, tanto na docencia como no ámbito profesional:

  • Manuel Barreiro Chao – Deseñador de Interiores.
  • Susana Román Estrada – Deseñadora de Interiores.
  • Xerardo Pérez Medrano – Arquitecto.
  • Ana Valcárcel Portela – Deseñadora de Interiores.
  • Diego Fernández Pérez – Deseñador gráfico.

DATAS E HORARIO

O curso comezará o 17 de xaneiro de 2023 e desenvólvese ata o 21 de marzo, cunha duración total de 54 horas lectivas distribuidas en 6 horas semanais. O horario é de 18:00 h. a 21:00 h. os martes e os xoves.

(datas e horarios pendentes de programación)

TÍTULO

Ao rematar o curso (requírese unha asistencia mínima dun 80% das clases) Aula D expedirá o título correspondente que certifica a especialidade e o número total de horas cursadas.

PRAZAS

O número máximo de prazas é de 15.

PREINSCRICIÓN E RESERVA DE PRAZA

Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse por orde de chegada dende o formulario de preinscrición ou a través do enderezo moc.d1726386420alua@1726386420ofni1726386420.

TAXAS ACADÉMICAS E MATRICULACIÓN

Prezo xeral: 300€

Alumnado e exalumnado de Aula D, e persoas en situación de desemprego: 250€

Existe a posibilidade de realizar o pagamento das taxas en 3 mensualidades.

A matrícula queda formalizada co abono do total da taxas ou da primeira mensualidade, ben na propia escola (r/ Elduayen 36, -1 – acceso por escaleiras en Baixada ó Forte –, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857) indicando nome do alumno/a e curso.

Para iniciar a tramitación da matrícula cómpre cumplimentar o seguinte formulario:

Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.