Introdución
O CURSO DE ESPECIALIZACIÓN EN DESEÑO EDITORIAL céntrase en establecer unha visión ampla do proceso de elaboración dun proxecto de deseño editorial, atendendo tanto aos aspectos puramente formais como aqueles de carácter máis técnico. Dende o análise das partes que compoñen unha publicación ata a creación dunha retícula base, páxinas mestras, estilos de composición e o uso axeitado da tipografía, procederase á súa aplicación práctica mediante o programa de maquetación Adobe InDesign.
O obxectivo final pasa por dotar aos alumnos de tódolos coñecementos necesarios para definir un proxecto de deseño editorial coherente, estéticamente correcto e aplicable a diferentes tipos de publicacións como libros, periódicos, revistas, catálogos, etc.
Este curso está homologado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria obtendo á súa finalización 3 créditos ECTS.
BLOQUE 1: TEORÍA
Neste bloque teórico abordaranse aqueles contidos relacionados directamente co deseño editorial e o uso da letra nas publicacións:
Tipografía: Historia da tipografía. Morfoloxía dos caracteres. Tipoloxías. Tipometría.
Maquetación: Partes da publicación. Estrutura da páxina. Construción da retícula base. Xerarquía e contidos. Disposición e estética tipográfica. Estudo de casos.
Historia do libro: Evolución dos soportes editoriais.
BLOQUE 2: PROXECTOS
A través da realización de diferentes proxectos, aplicaranse de forma práctica os coñecementos adquiridos nas outras materias do curso. Igualmente o alumnado aprenderá a utilizar as ferramentas informáticas propias deste ámbito así como a coñecer materiais e preparar o proxecto para a súa reprodución na imprenta:
Proxecto: Deseño dun libro. Deseño dun catálogo. Deseño dunha revista.
Medios informáticos: Adobe InDesign
Técnicas gráficas: Sistemas de impresión. Materiais. Arte final. Sistemas de encadernación.
BLOQUE 3: PRODUCIÓN E AUTOEDICIÓN
Esta parte do curso céntrase no proceso de produción, a relación con editoriais, proveedores e imprentas e os aspectos económicos e legais implicados no desenvolvemento dun proxecto de deseño editorial.
Metodoloxía
O curso baséase fundamentalmente en aplicar os coñecementos teóricos e técnicos adquiridos no curso nos proxectos e exercicios que se levarán a cabo durante o mesmo. Igualmente darase especial importancia ao proceso de traballo e a establecer os criterios conceptuais e metodolóxicos axeitados para cada caso.
O desenvolvemento dos contidos está pensado para optimizar a aprendizaxe de cara a un futuro exercicio profesional.
O obxectivo é que, finalizado o curso o alumnado estea preparado para realizar por completo un proxecto profesional e de calidade.
Perfil do alumnado e requisitos de acceso
Este curso está dirixido a persoas interesadas no deseño e que desexen obter unha formación específica no ámbito do deseño editorial.
Cando non se dispoña de experiencia ou formación previa no ámbito do deseño, recoméndase realizar previamente o Curso de Introdución ó Deseño. Noutros casos (arquitectos, interioristas, publicistas, deseñadores gráficos, industriais, …) non será preciso.
DATAS E HORARIO
O curso comezará o 15 de xaneiro de 2024 e desenvólvese ata o 20 de marzo, cunha duración total de 54 horas lectivas distribuidas en 6 horas semanais. O horario é de 18:00 h. a 21:00 h. os luns e os mércores.
(datas e horarios pendentes de programación)
TÍTULO
Ao rematar o curso (requírese unha asistencia mínima dun 80% das clases) Aula D expedirá o título correspondente que certifica a especialidade e o número total de horas cursadas.
PRAZAS
O número máximo de prazas é de 15.
PREINSCRICIÓN E RESERVA DE PRAZA
Xa que o número de prazas é limitado as solicitudes atenderanse por orde de chegada dende o formulario de preinscrición ou a través do enderezo moc.d1726382349alua@1726382349ofni1726382349.
TAXAS ACADÉMICAS E MATRICULACIÓN
Prezo xeral: 300€
Alumnado e exalumnado de Aula D, e persoas en situación de desemprego: 250€
Existe a posibilidade de realizar o pagamento das taxas en 3 mensualidades.
A matrícula queda formalizada co abono do total da taxas ou da primeira mensualidade, ben na propia escola (r/ Elduayen 36, -1 – acceso por escaleiras en Baixada ó Forte –, Vigo) ou ben mediante transferencia bancaria (conta nº ES79 2080 5085 7330 4002 6857) indicando nome do alumno/a e curso.
Para iniciar a tramitación da matrícula cómpre cumplimentar o seguinte formulario:
Se desexas estar informado/a das novidades e actualizacións neste ou noutros cursos achéganos aquí o teu nome e un enderezo de correo electrónico. Só enviaremosche información sobre os cursos cando estean dispoñibles e sempre que o desexes podes cancelar a túa suscrición.