LABUELAPETRA, residencia artística

LABUELAPETRA, residencia artística, é un laboratorio creativo dunha semana de duración que nace da necesidade de varios profesionais do mundo do Deseño, o Audiovisual, a Fotografía e a Comunicación para crear un espazo onde poder desenvolver as súas ideas e inquedanzas artísticas.

O proxecto estase a desenvolver dende o mércores 11 de setembro na rúa Simancas do barrio vigués de Bouzas , e convidados por Iria del BosquePequenabicha” achegámonos para coñecer de primeira man o espazo, xusto antes de que pecharan as portas para iniciar a montaxe das pezas.

Do que poida suceder nesta residencia artística, non vos podemos desvelar máis que o que contén o vídeo que alí gravamos, pero podedes compartir directamente con eles esta experiencia artística a través da súa páxina en Facebook.

RESIDENTES

Martín Rodríguez Vázquez. Diplomado en Guión e Dirección. Director de cine e realizador.
Proxecto: Videocreación. 

Borja Bernárdez. Titulado en Fotografía Profesional. Fotógrafo e artista visual.
Proxecto: Instalación audiovisual.

Iria del Bosque: Técnico superior en deseño e dirección de obras de decoración. Deseñadora de Interiores.
Proxecto: Instalación artística.

Isaura Doampo. Diplomada en Guión e Dirección. Videocreadora e fotógrafa.
Proxecto: Instalación artística.

Ana García Vieiros: Licenciada en Publicidades e Relacións Públicas. Comunicación Audiovisual.
Proxecto: Documentación xeral de LABUELAPETRA.

COLECTIVA 12 -13

 Queremos amosar nesta entrada, unha mostra da expoisición colectiva na que se ven representadas ámbalas dúas especialidades que se imparten no noso centro, no  eido do deseño gráfico e do deseño de interiores e nos seus distintos niveis da aprendizaxe.

 Tipografía, Fotografía e Expresión Gráfica entre outros, son módulos que inciden directamente nos proxectos gráficos. Volume máis Debuxo e Cor, son ferramentas de aproximación aos problemas espaciais e obxectuais  nos de deseño de interiores, que como no caso anterior compleméntanse con outros de carácter conceptual, técnico e de aplicación.

Podédela visitar no espazo polivalente, de aula d, de luns a venres dende as 10.00 ata as 14.00 e de 16.30 a 21.00 horas.

Itrynottothink en PHotoEspaña 2013

Dende o 5 de xuño estase a desenvolver unha nova edición do Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuáis, PHotoEspaña, que comezou a súa andadura no ano 1998 e que xa se consolidou como unha cita imprescindible no panorama artístico contemporáneo.

PHotoEspaña 2013 realiza 74 exposicións coa obra de 328 artistas de 42 países, en cidades como Madrid, Cuenca, Alcalá de Henares, Alcobendas, Berlín, París, e as novas sedes de Lanzarote, Zaragoza e Praga.

O leitmotiv desta edición é «Tu cuerpo es el mensaje»:

la fotografía nació con una vocación hacia la sexualidad, plasmada en el desnudo. PHE13 indaga este año en el erotismo pero también explora la mirada erótica sin cuerpo y, en sentido opuesto, la mirada al cuerpo alejada de todo erotismo

Pero ademáis da programación oficial tamén teñen cabida propostas como a Samsung Real Time Exhibition, primeira mostra de fotografía en tempo real, a cal se actualiza físicamente nunha sala de exposición así como tamén nun espazo virtual a través dunha aplicación en Facebook.

Nesta innovadora proposta foi invitada a participar, xunto a outros artistas, Itrynottothink, o alter ego dunha das nosas ex-alumnas, Noemí Díaz Patiño, que realizará un percorrido en imaxes do seu día a día. As fotografías se mostrarán en tempo real nos dous espazos expositivos, polo que os visitantes poderán ver en directo as actualizacións, facendo que a exposición varíe constantemente ao longo do día.

 

Abrir publicación

Exposición «A mirada cega»

O vindeiro venres 8 de marzo, na Escola de Deseño Aula D -na rúa Ourense 4, baixo, en Vigo-, o grupo tiNGLao, formado por Emilia Guimeráns e Jorge P. Conde, presenta a mostra de traballos de fotocerámica, “A mirada cega”, que forma parte da serie ûRb-vg, composta por imaxes urbanas de Vigo reveladas sobre placa cerámica sen vidriado, mediante a antiga técnica fotográfica da goma bicromatada. A inauguración será a partires das 21:00h e poderase visitar dende o día 8 de marzo ate o día 5 de abril.

Seguir leyendo «Exposición «A mirada cega»»

Abrir publicación

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2011/12.

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2012/13

AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnado do módulo de  Expresión Gráfica pertencentes ao curso escolar 2011/2012. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón ou acuarela ata a augada.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157632226315337/

Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.

Dende o 29 de outubro e ata o 29 de novembro albergarase no espazo polivalente de aulaD, escola de deseño, a exposición itinerante pertencente ao Certamen Fotográfico do recoñecido fotógrafo galego Xurxo Lobato, que xa conta coa súa oitava edición. Nesta convocatoria participaron 500 obras de diferentes alumn@s de centros de ensinanza de toda Galicia, das que foron premiadas as seguintes: Seguir leyendo «Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.»

Abrir publicación

DOA: Exposición «Outras miradas 2»

Hoxe, 25 de setembro, teremos a primeira das mostras propostas para este novo ano lectivo 2012/2013. Nesta ocasión, a exposición consistirá en amosar os diferentes retratos realizados nos abradoiros da Asociación de Axuda ao enfermo Mental DOA (Vigo e Cangas) mediante a técnica da colaxe. Seguir leyendo «DOA: Exposición «Outras miradas 2»»

Remate da exposición Colectiva´12

Colectiva´12: exposición conxunta do alumnado dos Ciclos Superiores de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración

Colectiva´12, como xa vimos en entradas anteriores, é un proxecto expositivo que trata de mostrar algúns dos traballos do alumnado pertencentes ao curso 2011/12 e que se encontra dentro do programa de diferentes charlas e mostras propostas por Aulad, escola de Artes Plásticas e Deseño, o pasado curso lectivo.
Tras a súa inauguración no mes de xullo, darase por finalizada este Venres 21 de Setembro, abrindo así un novo ciclo de conferencias e mostras de cara ao novo ano lectivo.

 

Para ver tódalas imaxes desta exposición, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630558353720/

Colectiva´12: exposición do conxunto do alumnado da escola

Colectiva´12: exposición conxunta do alumnado dos Ciclos Superiores de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración

Dende mediados de Xuño e ata  Setembro contaremos coa exposición Colectiva´12, pechando así o ciclo das diferentes mostras e conferencias levadas a cabo en todo este ano lectivo 2011/2012. Nela pódense ver elementos demostrativos do traballo realizado polos alumnado nas aulas dos Ciclos Superiores que actualmente se imparten na escola: Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.

aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño, convídavos a achegarvos a visitar a mostra que estará exposta ao público co seguinte horario:

Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
Data: 13 de Xuño –  Setembro
Acceso: libre

Horario, lectivo:

de luns a venres……………………………………… polas mañás de 10,30 a 13,00h.

Para ver máis imaxes desta exposición, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630558353720/

Sesión discontinua : proxecto persoal de fotografía por Nacho Vega Nieva

Sesión discontinua : proxecto persoal de fotografía por Nacho Vega Nieva

Non hai que irse moi lonxe para encontrar edificios abandonados, que ameazan ruína,  en ruína ou que simplemente xa non están. Neste caso, Nacho Vega Nieva, levou a cabo o seu proxecto de fotografía sobre as diferentes salas de cine que frecuentaba na súa Pontevedra natal e que hoxe en día desapareceron case na súa totalidade, lugares con encanto que son maltratados polo tempo.
Expoñemos a continuación a filosofía que compón as 20 imaxes que foron presentadas, onde o autor  fálanos en primeira persoa sobre o porqué de teres realizado a obra sobre esta temática. Seguir leyendo «Sesión discontinua : proxecto persoal de fotografía por Nacho Vega Nieva»

Navegación de entradas

1 2 3 4 5
Volver arriba