
Dende o 5 de xuño estase a desenvolver unha nova edición do Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuáis, PHotoEspaña, que comezou a súa andadura no ano 1998 e que xa se consolidou como unha cita imprescindible no panorama artístico contemporáneo.
PHotoEspaña 2013 realiza 74 exposicións coa obra de 328 artistas de 42 países, en cidades como Madrid, Cuenca, Alcalá de Henares, Alcobendas, Berlín, París, e as novas sedes de Lanzarote, Zaragoza e Praga.
O leitmotiv desta edición é «Tu cuerpo es el mensaje»:
la fotografía nació con una vocación hacia la sexualidad, plasmada en el desnudo. PHE13 indaga este año en el erotismo pero también explora la mirada erótica sin cuerpo y, en sentido opuesto, la mirada al cuerpo alejada de todo erotismo
Pero ademáis da programación oficial tamén teñen cabida propostas como a Samsung Real Time Exhibition, primeira mostra de fotografía en tempo real, a cal se actualiza físicamente nunha sala de exposición así como tamén nun espazo virtual a través dunha aplicación en Facebook.
Nesta innovadora proposta foi invitada a participar, xunto a outros artistas, Itrynottothink, o alter ego dunha das nosas ex-alumnas, Noemí Díaz Patiño, que realizará un percorrido en imaxes do seu día a día. As fotografías se mostrarán en tempo real nos dous espazos expositivos, polo que os visitantes poderán ver en directo as actualizacións, facendo que a exposición varíe constantemente ao longo do día.
