A partires de mañán, día 16 de Maio, e ata a 1 de Xuño, contaremos coa exposición dos traballos do módulo de fotografía do alumnado de segundo ano do Ciclo de Gráfica Publicitaria.
Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo Data: 16 de maio Acceso: libre
Horario, lectivo:
de luns a venres……………………………………… polas mañás de 9,00 a 15,00h.
de martes a xoves………………………………….. polas tardes de 16,30 a 21,00h.
Fai un década un grupo de persoas que estudiaran na Escola de Artes e Oficios fundaron un obradoiro, Espacio Cerámico, coa intención de traballar e vivir ó redor da cerámica.Na actualidade esa idea non mudou.
De rapaces decíannos vaia pezas estades feitos e así empezamos a fabricar,.. en definitiva a crear pezas… algunhas delas podedes velas na Escola de Deseño Aula D.
Dende o pasado día 11 de Abril ata o vindiero 11 de Maio, unha nova mostra que forma parte do ciclo de exposicións deste ano 2012 na escola. Nela exhíbense as obras de 9 artistas (Puri Alonso, María Meda, Javier Aguilera, Raquel Cendón, Edu Alonso, Maribel Carrera, Xoubinha, Eva Izquierdo e Oita) pertencentes ao obradoiro vigués Espacio Cerámico. Nela poderemos ver traballos de diversos estilos e xeracións cun nexo común, a cerámica.
Horario:
polas mañás, de luns a venres e de 9,00 a 15,00h.
polas tardes, de martes a xoves e de 16,30 a 21,00h.
AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnos da materia «Expresión Gráfica» do pasado curso escolar 2010/2011. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón, acuarela ou augada, ata a técnica do «dripping» empregada polo xa mítico Jackson Pollock.
Unha pequena mostra do traballo realizado polos alumnos e alumnas do centro nesta materia de primeiro ano os cales se expuxeron recentemente no Espazo Polivalente da escola e que agora compartimos con todos vos.
Dende o Xoves 16 de Febreiro ata o 2 de Marzo, estarán expostos no espazo polivalente de Aula D algúns dos traballos do alumnado que cursa o primeiro ano dos Ciclos Formativos de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de decoración e Gráfica Publicitaria.
Unha selección que pasa por ilustracións sobre papel, colaxes, móbiles colgantes, deseños de gráfica para bricks, cartelería, etc
Unha interesante e moi completa mostra do traballo realizado polos alumnos que cursan o primeiro ano na escola.
Dende o pasado 16 de Xaneiro, podemos gozar de «Teito-Pendentes», unha exposición de móbiles colgantes na que o interiorista e profesor de Aula D, Pedro Román, amósanos unha pequena mostra do seu traballo. Como complemento, tivemos a oportunidade de realizarllele a pequena entrevista que expoñemos a continuación, onde nos desvelou, en primeira persoa, algunhas cuestións en canto á realización, motivación, técnicas empregadas ou proxectos de futuro. Seguir leyendo «Exposición «Teito-Pendentes» de Pedro Román»
Tras sete anos de vida, o magazine de tendencias vigués, Dot Galicia, apostou por realizar unha exposición que estará composta por 40 obras de 40 artistas que foron publicadas na propia revista ao longo da súa historia e coas que se pretende representar a filosofía da publicación galega. Nela, poderemos atopar os traballos de diferentes autores, que abranguen dende o deseño gráfico, ata a pintura, ilustración ou fotografía así como actividades complementarias relacionadas co mundo do audiovisual e da música.
A mostra terá unha duración de catro días, sendo a inauguración o venres día 20 ás oito da tarde no «Halcón milenario», na rúa Cervantes, 18-1º, en Vigo. As obras poderán verse os días 20, 21, 27 e 28 de xaneiro en horario de 20:00 a 23:30.
Incríble instalación da artista xaponesa Yayoi Kusama na Gallery of Modern Art de Brisbane, Australia. A idea do proxecto baseouse en pór a disposición do público un espazo doméstico grande, branco e baleiro que poidese servir como lenzo de traballo ou espazo expresivo. Así, ao longo de dúas semanas, déronse milleiros de adhesivos -en forma de puntos de cor- aos visitantes máis pequenos, os nenos, e foron invitados a intervir libremente no espazo co suxerente resultado que podedes ver nas imaxes…
A Fundación Barrié de la Maza acollerá nas súas instalacións de Vigo, entre o día 1 de decembro deste ano e o 1 de abril de 2012, “Type in Motion”, unha exposición comisariada por Andrés Janser que mostrará as últimas tendencias en tipografía animada aplicada aos campos do deseño, a publicidade, o cine ou incluso aos aspectos máis cotiáns da nosa vida. Será posible ver casi 120 obras de máis de 80 diseñadores que foron cedidas directamente polo Museo del Diseño de Zúrich para esta exposición:
una selección de vídeos musicales, películas publicitarias, cortometrajes, trailers, tablones de anuncios electrónicos y fachadas mediales, postales digitales y logotipos de todo el planeta que nos introducen en un mundo de texto en movimiento, y descubren las tendencias más destacadas en este ámbito
Por outra parte, e en paralelo á exposición, se levarán a cabo actividades didácticas para os máis pequenos así como workshops para profesionais.
Esteban Leyton, fotógrafo de origen chileno, aunque gallego de adopción, nos trae una muestra de su trabajo “Patología Fotográfica”, que estará expuesta en el Espacio Polivalente de la escuela de diseño aula D de Vigo y que podremos disfrutar desde el 14 de Octubre al 14 de Noviembre de este año 2011.Como cita su biografía personal, vemos que el autor comenzó su andadura en el mundo fotográfico de manera autodidacta… Pero ¿podrías contarnos un poco cuál fue la motivación principal que hizo encauzar tu vida hacia el mundo de la fotografía? La verdad es que no recuerdo muy bien cómo empecé a disparar. Tenía en ese entonces 19 años y muchas ideas abstractas en mi cabeza con ganas de salir. Se podría decir que la fotografía me ayudó a hacer palpables esas ideas. También, creo que influyó la genética, ya que mi madre es artesana y puede que me haya trasmitido esa necesidad de crear.También observamos que en tu página web (http://estebanrleyton.com) comentas que todas tus imágenes no tendrían sentido por sí mismas, de una manera aislada, si no que deben adquirirlo con el encuadre de cada una de ellas formando un todo, lo que las dota de un estilo propio. Adentrándonos en tu persona como fotógrafo, ¿cómo ha sido tu proceso para encontrar tu “propio” estilo?Al principio hacía fotomontajes con la ampliadora. Jugaba con los negativos creando paisajes extraños y cosas por el estilo. Después empecé a trabajar con objetos pequeños,como velas y piezas de ajedrez, los iluminaba y observaba cómo la luz variaba dependiendo de su posición. Ahí me di cuenta de todas las cosas que podía hacer con ese tipo de fotografía. En esta parte del aprendizaje fue cuando me decanté por una fotografía mas conceptual, hasta la fecha. Seguir leyendo «Entrevista a Esteban Leyton»