LABUELAPETRA, residencia artística

LABUELAPETRA, residencia artística, é un laboratorio creativo dunha semana de duración que nace da necesidade de varios profesionais do mundo do Deseño, o Audiovisual, a Fotografía e a Comunicación para crear un espazo onde poder desenvolver as súas ideas e inquedanzas artísticas.

O proxecto estase a desenvolver dende o mércores 11 de setembro na rúa Simancas do barrio vigués de Bouzas , e convidados por Iria del BosquePequenabicha” achegámonos para coñecer de primeira man o espazo, xusto antes de que pecharan as portas para iniciar a montaxe das pezas.

Do que poida suceder nesta residencia artística, non vos podemos desvelar máis que o que contén o vídeo que alí gravamos, pero podedes compartir directamente con eles esta experiencia artística a través da súa páxina en Facebook.

RESIDENTES

Martín Rodríguez Vázquez. Diplomado en Guión e Dirección. Director de cine e realizador.
Proxecto: Videocreación. 

Borja Bernárdez. Titulado en Fotografía Profesional. Fotógrafo e artista visual.
Proxecto: Instalación audiovisual.

Iria del Bosque: Técnico superior en deseño e dirección de obras de decoración. Deseñadora de Interiores.
Proxecto: Instalación artística.

Isaura Doampo. Diplomada en Guión e Dirección. Videocreadora e fotógrafa.
Proxecto: Instalación artística.

Ana García Vieiros: Licenciada en Publicidades e Relacións Públicas. Comunicación Audiovisual.
Proxecto: Documentación xeral de LABUELAPETRA.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba