
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ven de convocar para o mes de setembro a celebración das probas específicas extraordinarias de acceso ás ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño para o curso 2018/19, que son de interese para os ciclos superiores que ofertamos, de Gráfica Publicitaria e de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración.
As datas relevantes desta Resolución son:
- Data límite de inscrición: 7 de setembro
- Proba específica: 11 de setembro
Aqueles interesados/as en cursar algún dos ciclos, e que precisen realizar proba de acceso, podedes comunicalo a través da nosa web, e poñerémonos en contacto para facer a inscrición e informarvos sobre o curso preparatorio (gratuito) que impartiremos a principios do mes de setembro.

