Dende o vindeiro venres 6 de febreiro permanecerá aberta no espazo polivalente de Aula D a exposición do proxecto “La tabla periódica” da ilustradora Leticia Rodríguez que nola presentará a partires das 12:30 horas dese mesmo día no transcurso da conferencia impartida por ela.
O proxecto “La tabla periódica” consiste nunha colección de cromos con ilustracións inspiradas nos elementos da mesma. Na parte frontal de cada un aparece unha ilustración composta por unha imaxe principal, un fondo estampado e un marco; na parte traseira figuran os datos do elemento químico correspondente.
Leticia Rodríguez é titulada en Bellas Artes e en Conservación Arqueolóxica e actualmente traballa como deseñadora gráfica.