No mes de decembro de 2013 rematou o Curso de Introducción ao Deseño. Neste segundo bloque do curso, e co apoio dalgunhas clases teóricas, tratábase de realizar o deseño dunha luminaria de interior para ámbito doméstico ou comercial, para a súa venta a través de internet, incluindo o seu nome comercial, a imaxe gráfica e o propio contenedor ou embalaxe para transportar o produto.
«O produto está promovido por unha nova empresa de mobiliario e iluminación que pretende ofertar un deseño onde prime a orixinalidade e a creatividade. Tamén haberá que ter en conta a facilidade de montaxe e o tamaño e peso do envase para facilitar así a súa venta por internet. O prezo deberá ser competitivo.»
Os alumnos tiveron que materializar e expoñer públicamente os seus proxectos e convencer das súas «bondades». Aquí aparece unha mostra das luminarias presentadas, que nos deixaron moi bo sabor de boca. Noraboa a todos eles polo seu traballo e entusiasmo.
Durante os días 18, 19, 25 e 26 de outubro impartiuse o Curso de Ilustración Dixital nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño.
Alberto García Ariza, ilustrador e profesor de Aula D, amosou as diferentes técnicas de coloreado dixital, tanto sobre debuxos con contornos ben definidos como para bosquexos rápidos e compartiu os pequenos trucos que utiliza no seu traballo. Os asistentes ao curso poideron experimentar o aprendido coas súas propias ilustracións.
Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os meses de outubro e novembro de 2013 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (xunto á Casa da Xuventude). O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h .
Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con cursos@aulad.com
Para máis información (contidos, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:
Dende a democratización do deseño nos anos 80, co desenvolvemento da informática e o software de autoedición, a necesidade de contar cun catálogo amplo de tipografías fíxose cada vez máis importante. Igualmente, as ferramentas dispoñibles para a creación de fontes facilitan que, dalgún xeito, o deseño tipográfico esté ao alcance de todos. Así, hoxe en día calquera persoa con coñecementos básicos de deseño ten a posibilidade de introducirse na creación tipográfica. O 0bxectivo xeral do curso é dotar ó alumno de coñecementos básicos no ámbito do deseño tipográfico, así como no uso das ferramentas necesarias para a creación de fontes.
O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da animación por ordenador. Para iso falaremos de elementos claves para entender cómo percibimos o movemento, cómo plasmalo nun formato analóxico ou manual e de cómo transformalo nun arquivo dixital que poidamos reproducir. Non fan falla coñecementos previos de animación, xa que iremos abordando os diferentes pasos para elaborar un proxecto “animado” dende sinxelos exemplos. As clases terán un enfoque práctico apoiadas por unhas explicacións teóricas de cómo se percibe o movemento e de cómo se plasma este nos diferentes ámbitos artísticos.
Ven de rematar o curso impartido por Alberto García, Processing, fundamentos de programación creativa. Durante a súa duración os asistentes puideron introducirse no manexo desta linguaxe de programación así como explorar as súas características e capacidades de representación e interacción. Agardamos poder ver pronto os froitos desta primeira toma de contacto.
Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os meses de xaneiro e febreiro de 2013 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (a carón da Casa da Xuventude).
O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h para non interferir co resto de actividades dos asistentes.
Para máis información (contidos, prezos, profesorado, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:
En Aula D, Escola de Deseño estamos de aniversario. Levamos 25 anos coa dedicación exclusiva de formar profesionais do deseño. Co pulo de adaptarnos ás novas circunstancias sociais e profesionais, e atendendo a algunhas solicitudes, ofertamos unha serie de cursiños monográficos en 2013.
Os cursos están dirixidos a 2 tipos de alumnado:
NIVEL BÁSICO: Persoas que se queren iniciar no mundo do deseño.
NIVEL AVANZADO: Profesionais ou estudantes de deseño gráfico ou interior, que desexan complementar a súa formación.
O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h para non interferir co resto de actividades dos asistentes.
Nas próximas semanas concretaremos o calendario e os contidos, duración… Se tedes algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podedes contactar con cursos@aulad.com
O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática orientada ao deseño. Polo que búscase unha linguaxe doada, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia, como para o deseño gráfico, a escea artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos de matemáticas, física ou de xeometría. En definitiva, é unha linguaxe de programación moi sinxela, rápida e versátil que permite unha doada aprendizaxe.
A plataforma Processing (www.processing.org) é Software Libre, dispoñible para Windows, OSX e Linux, e está moi estendida por todo o mundo. Asemade permite unha doada migración a outras linguaxes como Flash ou Javascript..
Neste sentido, este curso contará cunha expansión nun segundo curso posterior que tratará sobre a utilización de Processing como ferramenta para o deseño de espazos interactivos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a deseñadores e artistas sen experiencia co programa. Os alumnos deberán traer o seu portátil co programa instalado. Pódese descargar enhttp://processing.org/download/, descomprimir o arquivo, e procédese a súa instalación con normalidade
Metodoloxía
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o alumnado realizará na aula.
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos
Capacitar ao alumnado para que con ditas nocions básicas poida profundizar na investigación e desenvolvemento das súas capacidades.
Profesor
Alberto García Ariza. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e ilustrador e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria de Aula D.Escola de Deseño.
Horario
Venres 15 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 16 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 22 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 23 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 1 de marzo, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 2 de marzo, de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 120€
Alumnado de Aula D : 60€
Ex-alumnos de Aula D : 90€
A aboar antes do martes 12 de febreiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com
Curso práctico de modelado dixital en 3D co programa GOOGLE SKETCHUP. Durante o curso mostrarase cómo modelar espazos en 3D utilizando tódolos recursos necesarios para facelo de xeito rápido, áxil e eficiente. Este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e a mostrar os espazos deseñados.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a arquitectos, deseñadores e delineantes sen experiencia co programa. O alumnado deberá traer o seu portátil co programa instalado.
Profesor
Xesús Carrazoni Fuertes. Desenvolve o seu labor profesional como arquitecto e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D. Escola de Deseño.
Horario
Venres 8 de marzo, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 9 de marzo de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 50€
Alumnado de Aula D : 25€
Ex-alumnos de Aula D : 38€
A aboar antes do martes 5 de marzo, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com