Curso de Tipografía dixital

Dende a democratización do deseño nos anos 80, co desenvolvemento da informática e o software de autoedición, a necesidade de contar cun catálogo amplo de tipografías fíxose cada vez máis importante. Igualmente, as ferramentas dispoñibles para a creación de fontes facilitan que, dalgún xeito, o deseño tipográfico esté ao alcance de todos. Así, hoxe en día calquera persoa con coñecementos básicos de deseño ten a posibilidade de introducirse na creación tipográfica. O 0bxectivo xeral do curso é dotar ó alumno de coñecementos básicos no ámbito do deseño tipográfico, así como no uso das ferramentas necesarias para a creación de fontes.

Contidos do Curso de Tipografía dixital

Metodoloxía

A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento teórico dos temas, así como dun taller práctico onde os alumnos deseñarán a súa propia tipografía. Deberán traer o seu propio ordenador portátil cos programas «Adobe Illustrator» e «Font Lab Studio 5» instalados.

Profesores

Diego Fernández Pérez , profesor de Tipografía e Proxectos.

Xerardo Pérez Medrano , profesor de Medios Informáticos.

Ámbolos dous desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e imparten clases  no ciclo superior de Gráfica Publicitaria de Aula D. Escola de Deseño.

Perfil do alumno

O curso está dirixido a persoas que estean interesadas no deseño gráfico e a tipografía e que desexen adquirir coñecementos básicos sobre a materia asemade crear as súas propias fontes tipográficas.

 Horario

Venres 3 de maio, de 19.00 h á 21.00 h

Sábado 4 de maio, de 10.00 h á 14.00 h

Venres 10 de maio, de 19.00 h á 21.00 h

Sábado 11 de maio, de 10.00 h á 14.00 h

Prezo

Xeral : 80€

Alumnado de Aula D : 40€

Ex-alumnos de Aula D : 60€

A aboar antes do martes 30 de abril en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno.
Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com

 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba