O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da animación por ordenador. Para iso falaremos de elementos claves para entender cómo percibimos o movemento, cómo plasmalo nun formato analóxico ou manual e de cómo transformalo nun arquivo dixital que poidamos reproducir. Non fan falla coñecementos previos de animación, xa que iremos abordando os diferentes pasos para elaborar un proxecto “animado” dende sinxelos exemplos. As clases terán un enfoque práctico apoiadas por unhas explicacións teóricas de cómo se percibe o movemento e de cómo se plasma este nos diferentes ámbitos artísticos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a todos aqueles interesados en animar calquer tipo de debuxo feito a man, vectorial ou de unha serie de imaxes. Tamén abordaremos a animacion de textos e a creación de banners. Os alumnos deberán traer o seu portátil cos programas Flash e Photoshop instalados. Pódense descargar en http://www.adobe.com/es/downloads/. Temos un mes de proba así que podedes instalalo uns dias antes do inicio do curso.
Metodoloxía
Realización de exercicios prácticos que o alumnado realizará na aula, apoiados con varias exposicións de contidos teóricos.
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da animación. Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dun programa de animación vectorial e de imaxes, para a realización de un pequeño proxecto de animación.
Profesores
Daniel Iglesias. Imparte clases de Medios Informáticos en Aula D.
Laura Martín. Imparte clases de Expresión Volumétrica e de Teoría da Imaxe en Aula D.
Horario
Venres 5 de abril, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 6 de abril, de 10.00 h á 14.00 h
Venres 12 de abril, de 19.00 h á 21.00 h
Sábado 13 de abril, de 10.00 h á 14.00 h
Prezo
Xeral : 80€
Alumnado de Aula D : 40€
Ex-alumnos de Aula D : 60€
A aboar antes do martes 2 de abril en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo, VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno.
Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com

