Durante esta semana o planeta movilízase para denunciar a necesidade de actuar ante o cambio climático, cuxos efectos xa comenzan a ser plenamente visibles, afectando progresivamente ás condicións de vida dos ecosistemas así como tamén ao modo de vida dos pobos e culturas de todo o mundo.
Entre os actos que se levarán a cabo durante esta semana, organizados por diferentes asociacións e plataformas, queremos convidarvos a asistir ás Palestras polo cambio!, unha serie de 3 charlas que se celebrarán na escola o martes 23 entre as 19:00h e as 21:00h:
– Alternativas ao capitalismo desde o rural, a cargo de Celtia Traviesas
– Túnel no Casco Vello: peonalización mantendo a cultura do coche e dos ruídos, a cargo de Vigo histórico e a AAVV do casco vello
– Situación do monte galego: ferramentas participativas para a conservación, a cargo de ADEGA Vigo.