O 15 de setembro asistimos á conferencia de Pedro Román, con motivo da apertura do curso 2020/21. Ademáis de socio fundador foi profesor de deseño de proxectos, teoría do interiorismo, fundamentos da representación e a expresión, entre outras, en aula D durante máis de 35 anos. Tamén é pintor, cantor de poetas é poeta cantor.
Na súa charla, consistente nunha reflexión sintética sobre a importancia de ter unha actitude persoal correcta cara ao deseño, aludiu, apoiándose nas fontes, tanto do deseño, como da filosofía, arquitectura, poesía, etc… a Munari, Albino Prada Blanco, Zygmunt Bauman, Lao Tse, Konstantino Cavafis, Souto de Moura, Bruce Mau. Falounos sobre o espazo curvo e o tempo continuo e de como nos movemos no tempo a través dunha secuencia de espazos. Tamén de como o deseño cambiou nas últimas décadas, facendo fincapé nas verdadeiras necesidades da sociedade actual, el despilfarro de las naciones, a desaceleración ou a sostibilidade.
Segundo el, falando da teoría da forma, as orgánicas son quen de seguir a lóxica da natureza e polo tanto axeitadas para a función que cumpren; a gaivota, o falcón e a aeronáutica comparten cualidades biomiméticas que nos permiten optimizar os seus deseños.
Divagamos con Pedro sobre a metodoloxía proxectual e o valor do deseño.
Deshaced ese verso.
Quitadle los caireles de la rima,
el metro, la cadencia
y hasta la idea misma.
Aventad las palabras,
y si después queda algo todavía,
eso
será la poesía.
Aventad las palabras, León Felipe.
Finalmente, a actriz e profesora Orisel Gaspar dedicou a Pedro, en nome de todos os seus compañeiros e alumnos, unha canción a capella como homenaxe á súa carreira na que se reflectiu o agarimo que todos lle temos. Pedro, que tu camino sea largo, no apresures nunca el viaje.
Na seguinte ligazón poderás ver o vídeo en directo que se emitiu desde @aula_d.
https://www.instagram.com/tv/CFJ2ATKiZNn/?utm_source=ig_web_copy_link