Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Miguel Cerqueiro

A intervención pretende acondicionar o local para situar nel un espazo de traballo que atenda ao programa de necesidades exposto polo cliente. A premisa fundamental do proxecto reside no propio concepto no que se basea esta nova forma de traballo. O “coworking” nace en Estados Unidos durante a primeira década do século XXI, e supón unha nova alternativa para xente nova creativos que están buscando traballo, permite compartir oficina e fomenta relacións estables entre profesionáis de diferentes sectores que poden desembocar en relación cliente-proveedor. Seguir leyendo «Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Miguel Cerqueiro»

Abrir publicación

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2011/12.

Exposición colectiva dos traballos da asignatura de “Expresión Gráfica” 2012/13

AulaD mostra os traballos dalgúns dos seus alumnado do módulo de  Expresión Gráfica pertencentes ao curso escolar 2011/2012. Neles, podemos atoparnos con diferentes apreciacións e puntos de vista dunha mesma imaxe utilizando para a súa formalización distintos métodos manuais, dende o carbón ou acuarela ata a augada.

Para ver tódalas imaxes, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157632226315337/

Cursos monográficos xaneiro+febreiro 2013

Xa está listo o calendario de cursos monográficos para os meses de xaneiro e febreiro de 2013 que terán lugar nas instalacións de Aula D. Escola de Deseño, na rúa Ourense 4, baixo – VIGO (a carón da Casa da Xuventude).

O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h para non interferir co resto de actividades dos asistentes.

Para máis información (contidos, prezos, profesorado, metodoloxía, …) podes premer nos seguintes enlaces:

Introducción ao deseño gráfico: Tipografía

Introducción ao deseño de interiores: Reforma interior de vivendas

Modelado dixital en 3D

Processing. Fundamentos de programación creativa

Próximamente informaremos do calendario dos seguintes cursos a desenvolver.

Se tes interese ou algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podes contactar con cursos@aulad.com

Wonchan Lee: Packaging para Premium Belgian Beer


Premium. Belgian. Beer. Esas son as tres palabras que tiña que ter en conta Wonchan Lee (deseñador con sede en Australia) ao deseñar a gama para esta marca de cervexa. O obxectivo era diferenciar a marca e o packaging doutros competidores no mercado, así como comunicar con claridade e manter a identidade desta.

Premium Belgian Beer emprega unha paleta de cores bastante sobria durante todo o deseño que xunto coa cor da cervexa crea gran contraste, o que fai, entre outras cousas, que este packaging sexa tan vistoso. Por outra banda, empregáronse materiais para que o paquete sexa moito máis lixeiro que un convencional conseguindo tamén abaratar os custos e gastos de envío á hora de transportalo.

Vía | experimenta

Beach House I-5

Beach House I-5 é unha vivenda que foi deseñada por Vértice Arquitectos (un estudio de arquitectura que se atopa en Lima, Perú) e encóntrase situada na parcela 5 de Lomas del Mar, ao sur de Lima.

Os dous obxectivos principais para levar a cabo este proxecto foron o de aproveitar ao máximo a mellor vista ao mar e, á súa vez, o terreo. Deseñáronse dous volumes paralelos para alcanzar o primeiro obxectivo (ámbolos dous unidos por un eixo principal que remata nunha piscina con vistas á praia) e tamén algúns beiriles para sacarlle o máximo partido ao terreo.

Os materiais utilizados no proxecto foron pintura branca para as paredes, aceiro inoxidable, cristal morno e pedra de granito. A piscina está pechada por un vidro laminado de dobre cara o que fai posible visionar o mar como no resto da casa.

Vía | archdaily

Abrir publicación

O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre

O vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 horas, en aulaD (Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño) contaremos coa presenza de Alberto González-Alegre que impartirá a charla coloquio O bosquexo do mundo. Unha exposición feita para o museo do MARCO, que se inaugurará o 18 de xaneiro de 2013, comisariada polo propio Alberto González-Alegre e Angel Cerviño. Seguir leyendo «O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre»

Cursos monográficos 2013

En Aula D,  Escola de Deseño estamos de aniversario. Levamos 25 anos coa dedicación exclusiva de formar profesionais do deseño. Co pulo de adaptarnos ás novas circunstancias sociais e profesionais, e atendendo a algunhas solicitudes, ofertamos unha serie de cursiños monográficos en 2013.

Os cursos están dirixidos a 2 tipos de alumnado:
NIVEL BÁSICO: Persoas que se queren iniciar no mundo do deseño.
NIVEL AVANZADO: Profesionais ou estudantes de deseño gráfico ou interior, que desexan complementar a súa formación.

cursos 2013

O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h para non interferir co resto de actividades dos asistentes.
Nas próximas semanas concretaremos o calendario e os contidos, duración… Se tedes algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podedes contactar con cursos@aulad.com

[ACTUALIZACIÓN]  – Xa está dspoñible o calendario de cursos para os meses de xaneiro e febreiro; podedes consultalo no seguinte enderezo:
https://aulad.com/blog/2012/12/10/cursos-monograficos-xaneirofebreiro-2013/ 

Un saúdo. Aula D

Navegación de entradas

1 2 3 23 24 25 26 27 28 29 32 33 34
Volver arriba