Animography é unha tenda online que dispón dun amplo e variado catálogo de tipografías animadas enfocadas, principalmente, para creativos do mundo audiovisual.
Toda a mostraxe presentada ata o momento levouse a cabo con Adobe After Effects, ofertando así diferentes e orixinais tipos de letra doadamente customizables e escalables sen que exista perda algunha da calidade.
26plus-zeichen é unha web que foi creada por dous estudantes de Würzburg (Alemaña) para mostrar, asesorar e compartir os diversos proxectos tipográficos (a maioría inacabados) estudantís de todo o mundo. É unha páxina na que se pode comentar, subir e descargar de xeito gratuíto a maioría de fontes que nela se amosan.
O COAG e a compañía teatral Chévere fusionáronse para levar a cabo un concurso de arquitectura cunha dotación de 6500 euros co gallo do estreo de EUROZOONE o vindeiro mes de xaneiro. Desta forma, por unha banda conseguirase un escenario móbil consonte co último espectáculo da compañía e por outra, segundo afirma Jorge Duarte (Decano do colexio de Arquitectos), abrirá novas vías de traballo que os arquitectos temos abandonados, ao tempo de dar unha mensaxe crítica sobre o uso da arquitectura como reflexo do poder e afastada da sociedade.
O prazo de recepción das obras será ata o próximo 12 de novembro e resolverase o día 23 do mesmo mes tendo ata o 14 de xaneiro para levarse a cabo a proposta gañadora. Os/as interesados, poderán consultar as bases aquí.
Desde o xoves 11 de outubro e ata o mes de marzo do próximo ano 2013, celébrase en “cite de l’architecture & heritage” unha exposición que conta con cinco diseñadores que non só comparten un mesmo gusto pola luz senón que tamén empregan o papel como material que dá sentido á arquitectura. Temáticas coma o origami , cidades imaxinarias ou completamente xeométricas e icónicas están presentes en toda a mostra, que conta coa presenza de: Ingrid Siliakus, Beatrice Coron, Stephanie Beck, Mathilde Nivet e Peter Callesen.
O obxectivo do curso é introducir ao alumnado nos conceptos básicos da programación informática orientada ao deseño. Polo que búscase unha linguaxe doada, que permita ser utilizada tanto para a creación multimedia, como para o deseño gráfico, a escea artística, a representación de datos ou a creación de sinxelas simulacións de conceptos de matemáticas, física ou de xeometría. En definitiva, é unha linguaxe de programación moi sinxela, rápida e versátil que permite unha doada aprendizaxe.
A plataforma Processing (www.processing.org) é Software Libre, dispoñible para Windows, OSX e Linux, e está moi estendida por todo o mundo. Asemade permite unha doada migración a outras linguaxes como Flash ou Javascript..
Neste sentido, este curso contará cunha expansión nun segundo curso posterior que tratará sobre a utilización de Processing como ferramenta para o deseño de espazos interactivos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a deseñadores e artistas sen experiencia co programa. Os alumnos deberán traer o seu portátil co programa instalado. Pódese descargar enhttp://processing.org/download/, descomprimir o arquivo, e procédese a súa instalación con normalidade
Metodoloxía
Exposición de contidos teóricos apoiados con exercicios que o alumnado realizará na aula.
Obxectivos
Dotar ao alumnado dos conceptos básicos da programación informática.
Que o alumnado coñeza os requisitos e posibilidades dos proxectos interactivos
Capacitar ao alumnado para que con ditas nocions básicas poida profundizar na investigación e desenvolvemento das súas capacidades.
Profesor
Alberto García Ariza. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e ilustrador e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria de Aula D.Escola de Deseño.
Horario
Venres 15 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 16 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 22 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 23 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 1 de marzo, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 2 de marzo, de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 120€
Alumnado de Aula D : 60€
Ex-alumnos de Aula D : 90€
A aboar antes do martes 12 de febreiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com
Curso práctico de modelado dixital en 3D co programa GOOGLE SKETCHUP. Durante o curso mostrarase cómo modelar espazos en 3D utilizando tódolos recursos necesarios para facelo de xeito rápido, áxil e eficiente. Este curso está pensado para que os asistentes queden capacitados para realizar bosquexos en 3D que lles axuden a idear e a mostrar os espazos deseñados.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a arquitectos, deseñadores e delineantes sen experiencia co programa. O alumnado deberá traer o seu portátil co programa instalado.
Profesor
Xesús Carrazoni Fuertes. Desenvolve o seu labor profesional como arquitecto e imparte clases de Proxectos no ciclo superior de Proxectos e Dirección de Obras de Decoración en Aula D. Escola de Deseño.
Horario
Venres 8 de marzo, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 9 de marzo de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 50€
Alumnado de Aula D : 25€
Ex-alumnos de Aula D : 38€
A aboar antes do martes 5 de marzo, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com
As transformacións tecnolóxicas, estéticas e sociais acontecidas nos últimos anos, precisan da adaptación das nosas vivendas. Pequenos cambios, que non implican un grande desembolso económico, poden permitir esta actualización.
A vivenda é unha das cuestións máis complexas que abordamos dende o deseño de interiores, dada a cantidade de actividades diferentes ás que debe dar resposta para satisfacer as necesidades dos seus usuarios, polo que asumimos que ”a vivenda é unha máquina de habitar”. Sen embargo, a vivenda custodia os nosos recordos, vivencias, memorias, … reflexa a nosa persoalidade, e dicimos “como na casa de seu non se está en ningures”.
Metodoloxía
O obxectivo xeral do curso é proporcionar ao alumnado os coñecementos tanto teóricos como prácticos para abordar a reforma dunha vivenda. A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento dos temas partindo da análise teórica e a realización de casos prácticos.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que desexan iniciarse no deseño de interiores, ou que pensan reformar a súa vivenda.
Profesorado Xesús Carrazoni Fuertes, Arquitecto. Xerardo Pérez Medrano, Arquitecto. Pedro Román Company, Deseñador de interiores. Iria Sobrino Fajilde, Arquitecta.
Todos eles desenvolven o seu labor profesional como deseñadores e profesores en Aula D. Escola de Deseño.
Horario
Venres 25 de xaneiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 26 de xaneiro, de 10.00 h ás 14.00 h
Venres 1 de febreiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 2 de febreiro de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 80€
Alumnado de Aula D : 40€
Ex-alumnos de Aula D : 60€
A aboar antes do martes 22 de xaneiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos.
Contacta en cursos@aulad.com
A Tipografía é unha das disciplinas do deseño gráfico que ten unha maior importancia, tanto pola necesidade de comunicar axeitadamente unha mensaxe mediante texto como por seres capaz de potenciar e reforzar a expresividade e o carácter dun proxecto. Deste xeito, o coñecemento e manexo da tipografía é fundamental no labor profesional do deseñador posto que a palabra escrita está presente prácticamente en todos os traballos relacionados co eido publicitario, editorial e, por suposto, do deseño gráfico.
O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado de coñecementos básicos acerca da tipografía, tanto no referido á súa evolución histórica como aos aspectos formais e técnicos derivados do seu uso no ámbito profesional ou persoal.
Metodoloxía
A dinámica do curso basearase fundamentalmente no desenvolvemento teórico dos temas, con algún exercicio práctico de carácter puntual.
Non se precisa que o alumnado traia ningún material ao curso.
Perfil do alumnado
O curso está dirixido a persoas que estean interesadas no deseño gráfico e a tipografía que desexen adquirir coñecementos básicos sobre a materia.
Profesor
Diego Fernández Pérez. Desenvolve o seu labor profesional como deseñador e imparte clases de Tipografía e Proxectos no ciclo superior de Gráfica Publicitaria en Aula D, Escola de Deseño.
Horario
Venres 18 de xaneiro, de 19.00 h ás 21.00 h
Sábado 19 de xaneiro de 10.00 h ás 14.00 h
Prezo
Xeral : 50€
Alumnado de Aula D : 25€
Ex-alumnos de Aula D : 38€
A aboar antes do martes 15 de xaneiro, en man na propia escola (r/ Ourense, 4 – baixo VIGO) ou mediante transferencia bancaria (conta nº 2080 5085 73 3040026857) especificando nome do curso e alumno. Se por algún motivo non se poidera desenvolver o curso, devolveranse os cartos. Contacta en cursos@aulad.com
O diseñador gráfico murciano Manuel Franco estreou en internet o seu documental Bueno.Bonito.Barato, ao redor duns 30 minutos onde se fala sobre a situación do deseño gráfico en Murcia e cuestionase a situación dos novos profesionais que se insiren no sector sen teres a penas oportunidades.
Nel lévanse a cabo entrevistas con diferentes creativos que exercen na cidade: Jorge Martínez (Germinal), Severo Almansa (freelance), Juan Mercador (profesor da ESD), Diego Lizán (Sr. Azul), Paco López Espín (freelance) e Ángeles Madrid e Javier Jiménez (Mentedementa) abordando temas como o intrusismo profesional ou a formación da figura do deseñador.