Obradoiro de música

 

O martes 2 de xullo e dentro do obradoiro de nen@s deu comezo a fabricación de instrumentos musicais organizado polo deseñador e profesor de aula d Manuel Barreiro Chao. Moito antes de que existira o tren eléctrico; a nintendo ou a wii, @s nen@s enredaban entre outros facendo sinxelos instrumentos musicais, para os que empregaban os materiais que encontraban no seu contorno e outros procedentes da reciclaxe, pólas de abeneiro para facer asubíos , canas para facer frautas e carrizos, etc.
Neste obradoiro de música recollemos esta idea e para comezar fixemos un pao da chuvia partindo dun tubo de cartón, uns garabullos e unha mistura de arroz, lentellas e garavanzos.

 

obradoiro de cartón pedra

E para rematar a primeira semana do obradoiro para nen@s o venres 28 de xuño, recibimos en Aula D a visita de Tutankamón, Batman, Spiderman, Bart Simpson e algún Zombi. Tamén pasaron por alí tribos africanas, reis aztecas e bruxas e bruxos dos bosques centroeuropeos, todos para  axudarnos coas caretas que tiñamos que facer no obradoiro de cartón pedra.

Trala aprendizaxe da técnica e realizar os primeiros ensaios, os pequen@s creadores cortaron e pregaron o cartón base. Logo de diluír en auga a cola de carpinteiro e xuntar unha cantidade suficiente de anaquiños de papeis de cores xorden soles rosas, amárelos e mesmo multicolores, o mesmo Tutankamón e algunha máscara africana.

Obradoiro de camisetas

O mércores 27 de xuño asistiron ao noso obradoiro de verán para nen@s , seis novísim@s creadores dispostos a participar no día de luxarse da cabeza aos pés no “Obradoiro de Camisetas”. dirixido pola deseñadora Susana Román.

Falamos entre outras cousas dos “hippies” e dos tipos de impresión máis actuais e decoramos as nosas camisetas de forma artesán, mediante selos feitos con pataca, recortes, cinta adhesiva e por suposto pinturas acrílicas de cores.

A finalidade desta actividade era divertirse aprendendo, misturar as cores primarias para obter as secundarias mailas súas complementarias e concebir unha idea facendo un bosquexo previo antes de pasar ao soporte definitivo, que no noso caso era a camiseta branca.

¡Este verán poderemos lucir as cracións destes pequen@s deseñadores!

 

Tipografía. Letras ao grande

O martes 26 de xuño, no marco do obradoiro de verán para nen@s achegámonos ao mundo da tipografía. Falamos das letras de pao seco e con remates, e repasamos o mundo dos códices cos amanuenses(escribáns) e os iluminadores (debuxantes).

Divididos en grupos de tres, deseñamos unha letra capital (decorada) para reproducir cun tamaño de 1 x 1 m. A silueta das letras realizouse cunha corda flexible que delimita as zonas que posteriormente foron coloreadas con arroz tinguido.

Este é o traballo destes pequenos tipógrafos.

A CIDADE DE ENCARTAR

 O día 25 de xuño amanecía soleado e caluroso. A praza na que se encontra Aula D estaba preparada para acoller a Cidade ideada pola arquitecta Iria Sobrino Fagilde e o seu equipo de pequenos urbanistas para os que tiña preparada a seguinte actividade.

 “O obxectivo didáctico da actividade é que os nenos comecen a ordear os elementos que forman a cidade, de tal xeito que sexan capaces de observar, non só a súa senon tamén as que visiten.

Creemos unha cidade para xogar a partires dun territorio imaxinario: Aquí hai un río, aquí a praia, unha montaña, o camiño, a biblioteca e o parque… saberiamos imaxinar a cidade ao redor? qué fai falla para completar o puzzle? pensemos, deseñemos no chan e construamos con cartón e papel o que consideremos imprescindible para poder xogar con ela.

Hoxe seremos un pouco sociólogos, un pouco urbanistas, un pouco arquitectos, un pouco constructores e un pouco habitantes e paseantes”.

 

Itrynottothink en PHotoEspaña 2013

Dende o 5 de xuño estase a desenvolver unha nova edición do Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuáis, PHotoEspaña, que comezou a súa andadura no ano 1998 e que xa se consolidou como unha cita imprescindible no panorama artístico contemporáneo.

PHotoEspaña 2013 realiza 74 exposicións coa obra de 328 artistas de 42 países, en cidades como Madrid, Cuenca, Alcalá de Henares, Alcobendas, Berlín, París, e as novas sedes de Lanzarote, Zaragoza e Praga.

O leitmotiv desta edición é «Tu cuerpo es el mensaje»:

la fotografía nació con una vocación hacia la sexualidad, plasmada en el desnudo. PHE13 indaga este año en el erotismo pero también explora la mirada erótica sin cuerpo y, en sentido opuesto, la mirada al cuerpo alejada de todo erotismo

Pero ademáis da programación oficial tamén teñen cabida propostas como a Samsung Real Time Exhibition, primeira mostra de fotografía en tempo real, a cal se actualiza físicamente nunha sala de exposición así como tamén nun espazo virtual a través dunha aplicación en Facebook.

Nesta innovadora proposta foi invitada a participar, xunto a outros artistas, Itrynottothink, o alter ego dunha das nosas ex-alumnas, Noemí Díaz Patiño, que realizará un percorrido en imaxes do seu día a día. As fotografías se mostrarán en tempo real nos dous espazos expositivos, polo que os visitantes poderán ver en directo as actualizacións, facendo que a exposición varíe constantemente ao longo do día.

 

Takeshi Miyakawa

Deseñador nado en Tokyo, as súas pezas de moblaxe son moi sinxelas, alomenos baséanse en ideas moi sinxelas ao tempo que divertidas e cun certo sentido do humor.

Tenta que os seus traballos sexan lixeiros, pois o pesado pode ser sinónimo dun mal deseño, aínda que poidan ter unha inteción ou ben damasiadas intencións, pero polo xeral as obras mestras transmiten lixeireza, un algo etereo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D

Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 1ª bolsa de estudos en deseño.
Se che gusta o deseño, a publicidade, a fotografía, o interiorismo, e sobre todo a creatividade…
…tes a oportunidade de obter unha bolsa de estudos para formarte connosco o vindeiro curso, nun dos ciclos oficiais de Grao Superior que impartimos:
– deseño gráfico
– deseño de interiores Seguir leyendo «1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D»

fotografía 12/13

 

Dende o pasado 10 de maio e ata o próximo 6 de xuño estarán expostos no espazo polivalente de AulaD os proxectos persoais desenvolvidos dentro do módulo de fotografía durante o curso 2012/13 polo alumnado do 2º curso de gráfica publicitaria.

 

 

 

 

 

Navegación de entradas

1 2 3 20 21 22 23 24 25 26 32 33 34
Volver arriba