O vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 horas, en aulaD (Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño) contaremos coa presenza de Alberto González-Alegre que impartirá a charla coloquio O bosquexo do mundo. Unha exposición feita para o museo do MARCO, que se inaugurará o 18 de xaneiro de 2013, comisariada polo propio Alberto González-Alegre e Angel Cerviño.
O bosquexo do mundo pretende un desvelar a construcción da obra de arte no seu paso de cacharro ou cachivache de taller a peza para un museo. O público será como un convidado ao backstage do artista e do museo mesmo.
Antes, no século XIX, falábase da inspiración e tamén da gracia dos artistas. O artista era un tipo xenial con algo de bruto (en Espanha isto deuse abondosamente con Goya).
Pero o paradigma cambiou. Agora o artista é un proveedor de contidos intelectuais.
O taller é o laboratorio do pensamento. Non hai obra previa senón proceso: neste íntimo sentido, un Bauhaus, unha casa da construcción.
E nesta construcción o bosquexo adquire un estatuto ambiguo, camiña cara a obra pero non é obra. ¿Ou si?
No O bosquexo do mundo dase un ir e vir. A primeira palabra procede do artista, ninguén quere a última.
· Lugar: aulaD, escola de Artes Plásticas e Deseño. Rúa Ourense 4, Vigo
· Acceso: Libre
· Data: Luns 26 de novembro
· Hora: 12:00 horas