E para rematar a primeira semana do obradoiro para nen@s o venres 28 de xuño, recibimos en Aula D a visita de Tutankamón, Batman, Spiderman, Bart Simpson e algún Zombi. Tamén pasaron por alí tribos africanas, reis aztecas e bruxas e bruxos dos bosques centroeuropeos, todos para axudarnos coas caretas que tiñamos que facer no obradoiro de cartón pedra.
Trala aprendizaxe da técnica e realizar os primeiros ensaios, os pequen@s creadores cortaron e pregaron o cartón base. Logo de diluír en auga a cola de carpinteiro e xuntar unha cantidade suficiente de anaquiños de papeis de cores xorden soles rosas, amárelos e mesmo multicolores, o mesmo Tutankamón e algunha máscara africana.

