Exposición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato 2013

Recentemente inaugurouse no espazo polivalente da escola a mostra que recolle os traballos presentados á novena edición dos Premios de Fotografía Xurxo Lobato promovidos pola asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña.

Entre os premiados nesta edición están os alumnos de Aula D, Sandra González Villanueva, gañadora do primeiro premio, así como Daniel Chapela Cordeiro, Mari Carmen Martínez Portela, Uxía Benlloch Giao e Andrés Aguiar González que conseguiron un accésit, e Sandra Tomé Argibay, Mª José Miguez Iglesias, Claudia Silva Gómez e Fátima Comedeiro Darrosa como finalistas.

A mostra permanecerá aberta ata o 31 de outubro e pódese visitar de luns a venres pola mañá de 10:00 a 14:00, ou de martes a xoves pola tarde de 16:30 a 20:30

Itrynottothink en PHotoEspaña 2013

Dende o 5 de xuño estase a desenvolver unha nova edición do Festival Internacional de Fotografía e Artes Visuáis, PHotoEspaña, que comezou a súa andadura no ano 1998 e que xa se consolidou como unha cita imprescindible no panorama artístico contemporáneo.

PHotoEspaña 2013 realiza 74 exposicións coa obra de 328 artistas de 42 países, en cidades como Madrid, Cuenca, Alcalá de Henares, Alcobendas, Berlín, París, e as novas sedes de Lanzarote, Zaragoza e Praga.

O leitmotiv desta edición é «Tu cuerpo es el mensaje»:

la fotografía nació con una vocación hacia la sexualidad, plasmada en el desnudo. PHE13 indaga este año en el erotismo pero también explora la mirada erótica sin cuerpo y, en sentido opuesto, la mirada al cuerpo alejada de todo erotismo

Pero ademáis da programación oficial tamén teñen cabida propostas como a Samsung Real Time Exhibition, primeira mostra de fotografía en tempo real, a cal se actualiza físicamente nunha sala de exposición así como tamén nun espazo virtual a través dunha aplicación en Facebook.

Nesta innovadora proposta foi invitada a participar, xunto a outros artistas, Itrynottothink, o alter ego dunha das nosas ex-alumnas, Noemí Díaz Patiño, que realizará un percorrido en imaxes do seu día a día. As fotografías se mostrarán en tempo real nos dous espazos expositivos, polo que os visitantes poderán ver en directo as actualizacións, facendo que a exposición varíe constantemente ao longo do día.

 

fotografía 12/13

 

Dende o pasado 10 de maio e ata o próximo 6 de xuño estarán expostos no espazo polivalente de AulaD os proxectos persoais desenvolvidos dentro do módulo de fotografía durante o curso 2012/13 polo alumnado do 2º curso de gráfica publicitaria.

 

 

 

 

 

Cinco alumnos de aula D premiados no Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Nesta 9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato presentáronse 815 fotografías cun total de 350 participantes. Ao acto de entrega de premios, levado a cabo no Instituto de Monelos, na Coruña, asistiu o rector da Universidade da Coruña, Xose Luis Armesto, e o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.

Dende aulaD queremos dar os nosos parabéns á organización do concurso polo seu esforzo en pór en valor, promover e difundir ás novas promesas da creación fotográfica galega.

Tamén felicitamos a cinco dos nosos alumnos que resultaron galardonados na presente edición: Daniel Chapela, Mari Carmen Martínez, Andrés Aguiar e Uxía Benlloch, premiados con cadanseu accésit e, de xeito moi especial, a Sandra González Villanueva, que obtivo o 1º premio co seu traballo Simbiosis, sendo así o segundo ano consecutivo que unha das nosas alumnas acada este recoñecemento.

Exposición ‘100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007’

Esta exposición estará no Museo ata o 28 de abril. Con obras de creadores como André Lurcat, Fritz Hellmut Ehmcke, Peter Behrens e Hermann Gretsch; a mostra conmemora o centenario da Deustscher Werkbund, a Liga Alemá de Talleres fundada en 1907 por 12 artistas e arquitectos, xunto con 12 fábricas de Munich.

Seguir leyendo «Exposición ‘100 anos de arquitectura e deseño en Alemaña. Deustscher Werkbund 1907-2007’»

Abrir publicación

9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Este mes remata o prazo de presentación de traballos para a nova edición (e xa vai pola novena) do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Agardamos que a calidade dos proxectos seleccionados sexa igual de boa, ou se cabe mellor, ca dos do ano pasado onde resultou premiada a nosa alumna Sandra Tomé Argibay cunha serie de imaxes pertencentes ao seu proxecto personal do módulo de Fotografía A trip to the past present. 

Podedes ampliar información sobre o concurso na súa páxina de facebook e consultar as bases neste vínculo.

Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.

Dende o 29 de outubro e ata o 29 de novembro albergarase no espazo polivalente de aulaD, escola de deseño, a exposición itinerante pertencente ao Certamen Fotográfico do recoñecido fotógrafo galego Xurxo Lobato, que xa conta coa súa oitava edición. Nesta convocatoria participaron 500 obras de diferentes alumn@s de centros de ensinanza de toda Galicia, das que foron premiadas as seguintes: Seguir leyendo «Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.»

Remate da exposición Colectiva´12

Colectiva´12: exposición conxunta do alumnado dos Ciclos Superiores de Gráfica Publicitaria e Proxectos e Dirección de Obras de Decoración

Colectiva´12, como xa vimos en entradas anteriores, é un proxecto expositivo que trata de mostrar algúns dos traballos do alumnado pertencentes ao curso 2011/12 e que se encontra dentro do programa de diferentes charlas e mostras propostas por Aulad, escola de Artes Plásticas e Deseño, o pasado curso lectivo.
Tras a súa inauguración no mes de xullo, darase por finalizada este Venres 21 de Setembro, abrindo así un novo ciclo de conferencias e mostras de cara ao novo ano lectivo.

 

Para ver tódalas imaxes desta exposición, véxase:
http://www.flickr.com/photos/adblog/sets/72157630558353720/

Just in case e EE.UU. Federal Emergency Management Agency: diferentes maneiras de entender e amosar o fin do mundo

A axencia mexicana menosunocerouno creou un kit de supervivencia para o fin do mundo baixo o título Just in case (por se acaso). Este, está composto por diferentes e atractivos deseños de packaging e papelaría que serviron como regalo promocional da propia empresa. Seguir leyendo «Just in case e EE.UU. Federal Emergency Management Agency: diferentes maneiras de entender e amosar o fin do mundo»

Navegación de entradas

1 2 3 4 5
Volver arriba