A axencia mexicana menosunocerouno creou un kit de supervivencia para o fin do mundo baixo o título Just in case (por se acaso). Este, está composto por diferentes e atractivos deseños de packaging e papelaría que serviron como regalo promocional da propia empresa.
Por outra parte, e tempo antes, o deseñador noruego Ludvig Bruneau Rossow, xa propuxera outro tipo de gráfica para un proxecto semellante no que baseou a súa tese de fin de carreira. Nel, podemos ver dende manuais de instrucións de subministracións de alimentos ata un sistema creado polo propio autor que ten por obxecto garantir unha reconstrución efectiva dunha nova sociedade global no ano 2030.
Para ver máis fotos dos proxectos e saber sobre os seus diferentes traballos, véxase:
http://menosunocerouno.com/#/es
http://bureaubruneau.com/