
Vense de publicar a convocatoria do XXI Concurso de Fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de exalumnos do I.E.S. Monelos. Nesta convocatoria concederanse tres premios, varios accésit a criterio do xurado e unha bolsa para a produción dun proxecto fotográfico. O xurado estará formado por un representante da asociación, outro representante do Instituto Monelos e tres profesionais ou estudosos da fotografía.
O prazo para presentar os traballos remata o 10 de marzo de 2015 e poderanse presentar tódolos alumnos/as que cursen estudos de educación secundaria, bacharelato, formación profesional ou ensinanzas artísticas en Galicia, cun límite de idade de 21 anos.
Podedes ampliar información sobre o concurso na súa páxina de facebook.
