O límite non é o lugar onde remata o espazo, senón, como recoñeceron os gregos, o lugar a partir do cal empeza a cobrar a súa propia existencia.
Martin Heidegger
Cabana para estudante, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se parte dun colector estándar situado no monte da Guía de Vigo e de dimensións 2,44 x 6,10 x 2,59 m (la x lo x h). O proceso de deseño tiña que abordar as cuestións conceptuais, programáticas, organizativas e funcionais implícitas neste proxecto, sempre dende unha perspectiva global e non como unha mera suma de obxectos dentro do espazo.
::: PROPOSTA :::
Neste proxecto, partiuse da necesidade de xerar un modulo habitable dentro dun colector de barco de 20’, que ademais esta situado nun medio natural, neste caso no Monte da Guía de Vigo.
No momento de abordalo, diferenciáronse dous problemas principais. Por un lado o exterior da cabana, que orixinariamente era de metal, producía un impacto visual no medio bastante grande, e por ese motivo decidiuse empregar madeira na fachada. Os acabados e as formas trataban de amosar eses dous principios dos que que se partiran, a natureza en estado puro e un elemento totalmente contrario, industrial, un colector producido en serie. Partindo de ese concepto de estado primario da materia, na fachada oeste, que intenta amosar certa similitude co tronco dunha arbore, fai se unha progresión ata chegar a fachada este, onde as liñas puras e a simetría nas formas indícannos o carácter máis comercial e industrial da madeira, achegándonos así a esencia do módulo do que se parte.
No interior, ao que accedemos a través dun panel corredizo, séguese empregando a madeira como material predominante no ambiente. Este está concibido como un único espazo aberto e cheo de luz, grazas ao pano de vidro da cara norte e a totalidade da fachada, que conta con multitude de ocos. A parede frontal contén todos os mobles, a cociña,a cama, o inodoro… Soamente disponse na outra parede a mesa, que é abatible, xunto cos bancos e a ducha.
En conclusión, con esta distribución tratouse de crear un ambiente cálido e confortable pero lixeiro visualmente.

