http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=AS2ysXyVRLk#!
Da man do estudo de deseño e interiores Rosan Bosch, a rede de escolas suecas Vittra deu unha volta de rosca ao que a centros docentes do país se refire creando a primeira escola de deseño intelixente do mundo.
Telefonplan, como se fixo chamar este espazo, propón un tipo de educación bilingüe (sueco e inglés) bastante fóra do convencional onde as lousas foron substituídas por ordenadores portátiles e o comedor converteuse nun lunch club no que os nenos, ademais de alimentarse, poden realizar case calquera tipo de tarefa.
O modelo de ensino que propoñen é unha educación baseada na tecnoloxía, a diversión e a creatividade, na que tanto o profesorado coma o alumnado poidan interactuar co ámbito intentando, á súa vez, que este emule escenas da vida real que sirvan como aprendizaxe para poder desenvolverse nun futuro.
vía | yoroboku

