patio de butacas

 

A golpe de mércores 3 de xullo no noso particular Patio de Butacas dirixido pola deseñadora Susana Román pasouse a película “Dentro do Laberinto” de Jim Henson, pai de marionetas e títeres tan famosos na televisión como Los Teleñecos e “La Rana Gustavo”, “La Cerdita Peggy”, os entrañables “Epi y Blas”, e  no cine como o “Mestre Jedis” máis poderoso da galaxia que foi Yoda.

 A intención desta actividade era amosarlles a estes cativos un tipo de cine que non coñecen, acostumados hoxe en día ás animacións dixitais,  e tamén ao mítico David Bowie autor da música  que bailan os persoeiros da historia da que el mesmo é vilán e protagonista.

 Para  rematar o obradoiro seleccionamos os persoeiros, as escenas e os diálogos máis salientables para recrealos nun mural feito entre todos.

Laboratorio de experimentación teatral

Neste obradoiro achegámonos ao mundo do teatro a través da creación colectiva. Comezamos con exercicios que nos esperten a capacidade de observación e de escoita, que sinto, onde, como?
Espelimos o corpo cun quecemento de pés e articulacións para probar diferentes xeitos de andar… Agora camiñamos a modiño, de súpeto temos moitísima presa , agora coma un robot, agora coma un pingüín a cámara rápida, agora coma…
Que liñas poderíamos debuxar no espazo para mostrar na escena a torre Eiffel?, as Meninas?, e as pirámides de Exipto?, e…?
Traballamos co corpo, co xesto, coa palabra…e sobre todo coa oportunidade que nos brinda o teatro  para contar cousas.
Cantas historias poderíamos elaborar partindo das verbas dun xornal? Pasamos ao guión: escribimos as escenas, construímos as personaxes, como son?. Qué……..?

Obradoiro de música

 

O martes 2 de xullo e dentro do obradoiro de nen@s deu comezo a fabricación de instrumentos musicais organizado polo deseñador e profesor de aula d Manuel Barreiro Chao. Moito antes de que existira o tren eléctrico; a nintendo ou a wii, @s nen@s enredaban entre outros facendo sinxelos instrumentos musicais, para os que empregaban os materiais que encontraban no seu contorno e outros procedentes da reciclaxe, pólas de abeneiro para facer asubíos , canas para facer frautas e carrizos, etc.
Neste obradoiro de música recollemos esta idea e para comezar fixemos un pao da chuvia partindo dun tubo de cartón, uns garabullos e unha mistura de arroz, lentellas e garavanzos.

 

obradoiro de cartón pedra

E para rematar a primeira semana do obradoiro para nen@s o venres 28 de xuño, recibimos en Aula D a visita de Tutankamón, Batman, Spiderman, Bart Simpson e algún Zombi. Tamén pasaron por alí tribos africanas, reis aztecas e bruxas e bruxos dos bosques centroeuropeos, todos para  axudarnos coas caretas que tiñamos que facer no obradoiro de cartón pedra.

Trala aprendizaxe da técnica e realizar os primeiros ensaios, os pequen@s creadores cortaron e pregaron o cartón base. Logo de diluír en auga a cola de carpinteiro e xuntar unha cantidade suficiente de anaquiños de papeis de cores xorden soles rosas, amárelos e mesmo multicolores, o mesmo Tutankamón e algunha máscara africana.

Obradoiro de camisetas

O mércores 27 de xuño asistiron ao noso obradoiro de verán para nen@s , seis novísim@s creadores dispostos a participar no día de luxarse da cabeza aos pés no “Obradoiro de Camisetas”. dirixido pola deseñadora Susana Román.

Falamos entre outras cousas dos “hippies” e dos tipos de impresión máis actuais e decoramos as nosas camisetas de forma artesán, mediante selos feitos con pataca, recortes, cinta adhesiva e por suposto pinturas acrílicas de cores.

A finalidade desta actividade era divertirse aprendendo, misturar as cores primarias para obter as secundarias mailas súas complementarias e concebir unha idea facendo un bosquexo previo antes de pasar ao soporte definitivo, que no noso caso era a camiseta branca.

¡Este verán poderemos lucir as cracións destes pequen@s deseñadores!

 

Tipografía. Letras ao grande

O martes 26 de xuño, no marco do obradoiro de verán para nen@s achegámonos ao mundo da tipografía. Falamos das letras de pao seco e con remates, e repasamos o mundo dos códices cos amanuenses(escribáns) e os iluminadores (debuxantes).

Divididos en grupos de tres, deseñamos unha letra capital (decorada) para reproducir cun tamaño de 1 x 1 m. A silueta das letras realizouse cunha corda flexible que delimita as zonas que posteriormente foron coloreadas con arroz tinguido.

Este é o traballo destes pequenos tipógrafos.

Navegación de entradas

1 2 3
Volver arriba