A golpe de mércores 3 de xullo no noso particular Patio de Butacas dirixido pola deseñadora Susana Román pasouse a película “Dentro do Laberinto” de Jim Henson, pai de marionetas e títeres tan famosos na televisión como Los Teleñecos e “La Rana Gustavo”, “La Cerdita Peggy”, os entrañables “Epi y Blas”, e no cine como o “Mestre Jedis” máis poderoso da galaxia que foi Yoda.
A intención desta actividade era amosarlles a estes cativos un tipo de cine que non coñecen, acostumados hoxe en día ás animacións dixitais, e tamén ao mítico David Bowie autor da música que bailan os persoeiros da historia da que el mesmo é vilán e protagonista.
Para rematar o obradoiro seleccionamos os persoeiros, as escenas e os diálogos máis salientables para recrealos nun mural feito entre todos.

