Gañadores da 1º Bolsa de Estudos en Deseño

Reunido o xurado do concurso da 1º Bolsa de Estudos en Deseño, convocado por Aula D, e conformado éste por Manuel Barreiro Chao (director do centro), Pedro Román Company (xefe de estudos), Xerardo Pérez Medrano (arquitecto e profesor de Tecnoloxía), Diego Fernández Pérez (deseñador e xefe do dpto. de Gráfica Publicitaria) e Andrea Costas Lago (artista e profesora de Fotografía), acordan conceder unha bolsa de estudos aos seguintes participantes:

– Be Ita (Beatriz Santorun Vázquez)

– Nerea Macabra Elektro Duende (Nerea Paños Boente)

Os primeiros tres finalistas, por número de votos, foron Beatriz Santorun Vázquez (263 votos), Nerea Lorenzo (215 votos), Nerea Paños Boente (211 votos). Os outros tres finalistas seleccionados foron Beatriz Fernández García, Diego Orge Vázquez e Daniel Alonso Pérez.

 

Os catro finalistas que non foron premiados están invitados a asistir ao cursiño monográfico que eles elixan dos que Aula D levará a cabo durante o curso 2013/2014.

Parabéns aos gañadores así como ao resto de participantes.

1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D

Aula D, Escola de Deseño convoca a súa 1ª bolsa de estudos en deseño.
Se che gusta o deseño, a publicidade, a fotografía, o interiorismo, e sobre todo a creatividade…
…tes a oportunidade de obter unha bolsa de estudos para formarte connosco o vindeiro curso, nun dos ciclos oficiais de Grao Superior que impartimos:
– deseño gráfico
– deseño de interiores Seguir leyendo «1º Bolsa de Estudos en Deseño, aula D»

Abrir publicación

9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Este mes remata o prazo de presentación de traballos para a nova edición (e xa vai pola novena) do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Agardamos que a calidade dos proxectos seleccionados sexa igual de boa, ou se cabe mellor, ca dos do ano pasado onde resultou premiada a nosa alumna Sandra Tomé Argibay cunha serie de imaxes pertencentes ao seu proxecto personal do módulo de Fotografía A trip to the past present. 

Podedes ampliar información sobre o concurso na súa páxina de facebook e consultar as bases neste vínculo.

Abrir publicación

EUROZOONE: Concurso de ideas dirixido a arquitectos.

O COAG e a compañía teatral Chévere fusionáronse para levar a cabo un concurso de arquitectura cunha dotación de 6500 euros co gallo do estreo de EUROZOONE o vindeiro mes de xaneiro. Desta forma, por unha banda conseguirase un escenario móbil consonte co último espectáculo da compañía e por outra, segundo afirma Jorge Duarte (Decano do colexio de Arquitectos), abrirá novas vías de traballo que os arquitectos temos abandonados, ao tempo de dar unha mensaxe crítica sobre o uso da arquitectura como reflexo do poder e afastada da sociedade.
O prazo de recepción das obras será ata o próximo 12 de novembro e resolverase o día 23 do mesmo mes tendo ata o 14 de xaneiro para levarse a cabo a proposta gañadora. Os/as interesados, poderán consultar as bases aquí.

vía | lavozdegalicia

Abrir publicación

Xuventude Crea 2012: aberto o prazo de presentación do concurso da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado

Un ano máis, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado levará a cabo o Programa Xuventude Crea, que lle permitirá ós galeg@s e residentes na comunidade que sexan menores de trinta (cumpridos no ano 2012), presentar as súas obras a concurso nas seguintes modalidades:

• Teatro
• Artes plásticas
• Música
• Relato breve
• Poesía
• Videocreación
• Banda deseñada
• Graffiti
• Carteis
• Deseño de xoias
• Monólogos

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 13 de xullo de 2012, especificándose tres premios de 3000, 1500 e 1000 € por cada unha das especialidades. Os interesados/as, poderán acceder ás bases dende aquí.

Concurso Internacional Cosentino Design Challenge 2012


O Grupo Cosentino abriu o prazo de presentación de proxectos para a VI edición do Concurso Internacional Cosentino Design Challege2012 nas súas dúas categorías: arquitectura e deseño.
A finalidade do concurso é promover entre os estudantes a investigación sobre distintas formulacións conceptuais en torno á configuración de espazos, aos materiais e sistemas construtivos que os definen, a través da experimentación con produtos da empresa Cosentino partindo sempre do respecto ao medioambiente e da posibilidade de reutilizar materiais.
O certame, dirixido a estudantes matriculados no curso académico 2011/12 en todas as Escolas Superiores de Deseño ou Arquitectura de Interiores, propón deseñar un prato de ducha integrado nun baño deseñado dende unha formulación conceptual e empregando materiais Silestone ou Eco propios do grupo Cosentino (no apartado de deseño) e, por outra parte, o deseño ou rehabilitación do vestíbulo dun hotel a partir de pezas de gran formato e tamén da marca (no apartado de arquitectura).

:::Premios:::
Establécense, para cada unha das dúas categorías (CDC Arquitectura e CDC Deseño):
TRES PRIMEIROS PREMIOS, TRES ACCÉSITS e Mencións Especiais.

Cada un dos SEIS PRIMEIROS PREMIOS estará dotado con 1.000 €. A concesión de Mencións Especiais quedará a criterio do Xurado.

As categorías que se establecen nos primeiros premios son as seguintes:
. A investigación sobre a experiencia espacial do ámbito do prato de ducha.
. A creatividade nas propostas de deseño do elemento prato de ducha.
. A adecuación á idea do proxecto das capacidades expresivas dos materiais e produtos da marca Cosentino. Así como as novas propostas sobre materiais, acabados, aplicacións, etc. que puidesen xerarse.

Non é necesaria inscrición previa, e o período de recepción de proxectos finaliza ás 20,00 horas do día 1 de Xuño de 2012. As bases poden ser consultadas e descargadas neste link.

Navegación de entradas

1 2
Volver arriba