DESEÑO HIPERACTIVO

cartel-nido-web

O xoves 28 de xaneiro ás 12:30 horas visitarán a escola a deseñadora gráfica Noemí Díaz Patiño (Itrynottothink)  e os arquitectos Alberto Cebral e Ramón Viéitez, que impartirán unha conferencia baixo o título DESEÑO HIPERACTIVO. Deseñar contra os elementos e non tirar a toalla. Reinventarse.
No transcurso da mesma presentarán varios proxectos de deseño e non só deseño.
Son socios fundadores de Espacio Nido, situado no Barrio Alto do Casco Vello, estando comprometidos coa promoción deste ao través da páxina web Fairúa, e da Asociación Veciñal, participando na organización de ciclos de cine e teatro levados a cabo na Praza do Abanico
Dende Aula D queremos contar coa participación de todos os que vos queirades achegar á escola e agradecer por adiantado a vosa asistencia.

Notre Dame du Haut. Le Corbusier

O alumnado de primeiro curso de Gráfica Publicitaria fixo o examen da primeira avaliación do módulo de Medios Informáticos, durante dúas horas, que consistiu nun flyer para a famosa capela de Notre Dame du Haut, deseñada por Le Corbusier nos anos ´50, unha das obras máis representativas da arquitectura moderna.

A continuación, unha pequena mostra das distintas interpretacións libres que fixeron do edificio, baseadas na mesma fotografía.

100% Proxectos a medida

100% Proxectos a medida

O xoves 19 de novembro ás 12.30h visitará Aula D o interiorista e antigo alumno desta escola Jairo Bello, compoñente do estudio SOJA ARQUITECTURA, que impartirá a charla  “100% Proxectos a medida” na que fará unha exposición de algúns dos seus últimos proxectos: restaurantes como LA ULTRAMAR e TÁBULA, MUSA PILATES CENTER, CIGÓM CENTRO MÉDICO, MAIO CENTRO DE FISIOTERAPIA, SÉMOLA PAN & DULCES e CHIOCCO, este último aínda sen inaugurar.

restaurante tábula

Visita a Estudio Nicolao e á sede do COAG en Vigo

O alumnado de 2º curso de Deseño de Interiores ven de facer unha visita a Estudio Nicolao, que ten as súas instalacións na rúa Velázquez Moreno, 40 en Vigo. Estudio Nicolao adícase ao deseño de mobiliario, equipamento e montaxe de cociñas de gama alta usando materiais, ferraxes e electrodomésticos de gran calidade. O mobiliario utilizado é da marca galega Mobalco. Grazas Nico pola túa profesionalidade.

Estudio Nicolao

 

Asemade tamén visitamos a sede viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na rúa Doutor Cadaval, 5. Un edificio vangardista, obra do Estudio Irisarri+Piñera, cun novedoso concepto de organización de espazos de oficinas, cunha fachada de policarbonato celular, que actúa como cámara de aire captadora de enerxía solar.

COAG_Vigo

Dúas rehabilitacións no Casco Vello de Vigo

@s alumn@s de Deseño de Interiores visitaron dúas das máis relevantes rehabilitacións de edificios do Casco Vello de Vigo : O Instituto Camôes e o Rexistro da Propiedade.

O arquitecto Alfonso Penela proxectou en 1997 a sede viguesa do Instituto Camôes ( cuio cometido é a difusión da cultura portuguesa) nunha edificación do século XV denominada Casa Arines, de Ceta e Pazos Figueroa.  Sen dúbida, un referente da rehabilitación de edificios históricos, pola delicadeza da implantación usando materiais contemporáneos como o aceiro corten, a madeira sen bernizar ou o formigón visto, en perfecta armonía coa sillería de granito existente. A luz natural e os espazos en doble altura xeneran unha atmósfera íntima e acolledora.

 

O Rexistro Mercantil e o Rexistro da Propiedade decidiron reunir as súas sedes espalladas pola cidade e ubicalas na rúa Real. Para elo, o estudio de arquitectura Irisarri e Piñera inaugurou recentemente a nova sede dos Rexistros nun proxecto que consegue adaptar unha serie de antigas edificacións en distintos niveis, das que apenas se conservan as fachadas e algúns muros interiores. O elemento principal é o patio acristalado con celosías verticais ao que miran todas as oficinas.

Charla de José Luis Varela Alén

O vindeiro martes 5 de maio, ás 19.30h terá lugar a charla «ARQUITECTURAS E INVESTIGACIÓN. RACIONALISMO EN VIGO» impartida por José Luis Varela nas nosas instalacións de rúa Ourense, 4 en Vigo.

arquitectutas e investigación

 

O arquitecto José Luis Varela Alén leva anos adicado á investigación da arquitectura moderna, e máis concretamente á arquitectura do século XX en Vigo. En 2004 publicou o libro «Arquitectura Racionalista en Vigo».

 

Visita ao Edificio Bar Boo

O grupo do ciclo de Deseño de Interiores visitaron o martes 21 de abril o Edificio Bar Boo, tamén coñecido como Edificio Plastibar, na rúa Marqués de Valladares en Vigo, deseñado en 1957 polo arquitecto vigués Xosé Bar Boo. O motivo da visita é porque o Proxecto Final que acaban de empezar consiste na reforma do local do edificio que ocupa as plantas -2, -1, baixo e entreplanta (actuais instalacións de AIG) para a sede dun Centro de Documentación da Arquitectura de Vigo.

Despois da visita a dito local, da empresa de Servicios Informáticos AIG, o arquitecto Pepe Bar, fillo de Xosé Bar Boo, explicou os pormenores do edificio e amosou as vivendas e terrazas das plantas superiores asemade a maqueta que él mesmo realizou. Agradecementos para Pepe Bar.

 

Para continuar visitamos algúns dos edificios máis significativos da Arquitectura Moderna de Vigo, como o edificio do Real Clube Náutico, de Francisco Castro ou o edificio Aurora Polar, de Jenaro de la Fuente.

Visita a QUALITY LEDs

As alumnas de segundo curso do ciclo de Deseño de Interiores visitaron o venres 28 de novembro as instalacións de QUALITY LEDs, na rúa Romil, 28 en Vigo. QUALITY LEDs é unha empresa adicada á realización de proxectos, cálculo e montaxe de instalacións de iluminación, e especializada en tecnoloxía led.

Durante a visita se fixo fincapé nas ventaxas do uso da tecnoloxía led fronte a outras fontes de luz máis tradicionais como a incandescencia ou a fluorescencia. Pudimos apreciar o pequeno tamaño e gran potencia dos leds usados tanto para sustitución como para novas aplicacións e algúns proxectos interesantes no ámbito doméstico e comercial. O presente dos leds é xa unha evidencia pero tamén esperamos un futuro a corto prazo prometedor co uso das novas tecnoloxías OLED (organic light-emitting diode) ou LIFI.

Agradecemos ao equipo técnico de QUALITY LEDs a profesionalidade e dedicación. Grazas a Borja, Marga e Andrea polo exquisito trato que nos dispensaron.

ROSA MOURIÑO. Intervencións na arquitectura popular: caso Maderuelo

 

O vindeiro martes día 14 de outubro  en Aula D escola de deseño terá lugar unha charla sobre conservación e recuperación do patrimonio arquitectónico  baixo o título «intervencións na arquitectura popular – Caso de estudo Maderuelo».

A charla será impartida pola arquitecta e deseñadora de interiores Rosa Mouriño exalumna desta escola . Ao finalizar os seus estudos superiores de Arquitectura especializouse cursando o Máster de Conservación e Restauración do Patrimonio Arquitectónico na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Realizou diversas ponencias en congresos internacionais sobre o estudo e a protección do Patrimonio Arquitectónico.

Durante a súa etapa como estudante traballou no estudio VRC, en Madrid, o que lle permitiu coñecer o funcionamento dun estudio de arquitectura (adicado fundamentalmente a proxectos de vivenda unifamiliar e rehabilitacións de inmobles, fachadas de edificios singulares, etc).

No ano 2013 conseguiu unha bolsa da Deputación de Pontevedra e traballou no departamento de urbanismo do Concello de Gondomar durante un ano,.

Na actualidade traballa como profesional independente no eido da rehabilitación e da conservación do patrimonio, tentando tamén facer traballlos de divulgación e difusión do mesmo mediante conferencias e publicación de artigos, etc.

 

 

Fiesta de interiores

(nota al tono familiar del post :: esto es un reblogueo del blog noncommon fiesta de interiores.)

Nos encantan las fiestas de cumpleaños, y si son ‘conceptuales y contemporáneas’*, mejor.
Carlos Erundino, amigo de los que se deja liar, cumplió 40 y nos regaló un paseo urbano por O-Po, un curioseo divertido a través de los cristales que separan espacios privados de la calle pública: parece mentira lo que ocultan, tanto, que si los locales están vacíos, es como si estuvieran tapiados de las pocas miradas que capturan.

Manuela, Rai a la cámara pegada al cristal y yo, nos caminamos Porriño de la mano de Carlos mientras arreglábamos alguna cosita más, de paso.

IMG_7271.JPG
La sastrería vacía donde se escucha todavía coser cuando pasa el tren.
Seguir leyendo «Fiesta de interiores»

Navegación de entradas

1 2 3 4 5 6
Volver arriba