O alumnado de 2º curso de Deseño de Interiores ven de facer unha visita a Estudio Nicolao, que ten as súas instalacións na rúa Velázquez Moreno, 40 en Vigo. Estudio Nicolao adícase ao deseño de mobiliario, equipamento e montaxe de cociñas de gama alta usando materiais, ferraxes e electrodomésticos de gran calidade. O mobiliario utilizado é da marca galega Mobalco. Grazas Nico pola túa profesionalidade.

Asemade tamén visitamos a sede viguesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na rúa Doutor Cadaval, 5. Un edificio vangardista, obra do Estudio Irisarri+Piñera, cun novedoso concepto de organización de espazos de oficinas, cunha fachada de policarbonato celular, que actúa como cámara de aire captadora de enerxía solar.

