NO CTRL-Z, Tantas Imaxes.

O pasado 24 de xuño tivo lugar no espazo CUBO e na sala Apos’trophe a presentación dos seis primeiros cadernos da colección Tantas Imaxes. O No. 3 NO CTRL-Z é o resultado, en parte, da colaboración entre a escola Aula d e a editorial Freire, dirixida por Alfons Freire.

Nel abórdanse cuestións como a contaminación, a desertización, a desaparición dos ecosistemas, o aumento do nivel do mar, a pegada ecolóxica ou o concepto de antropoceno. Manuel Arias Maldonado, profesor de Ciencias Políticas na Universidade de Málaga, no seu libro Antropoceno, a política na era humana define este concepto xeolóxico como o final sublime. Un dos grandes desexos da humanidade ao longo da historia foi imprimir a súa imaxe no planeta; a rede global de estradas, as minas, as liñas de metro, as mega cidades, os grandes monumentos e sobre todo os refugallos, constitúen a pegada que os seres humanos deixan e deixarán na Terra.

Dende a escola queremos agradecerlles aos antigos alumnos e compañeiros a súa participación no caderno No. 3 NO CTRL-Z, David Rodriguez, Sara Veiga, Caludia Silva, Firmo Escariz, Kike Besada, Kike Pereira, Rosa Mouriño, Xan Centrón, Diego Orge, Susana Román, Iago Araujo.

O arcebispo anglicano James Ussher publicou Annals of the World en 1650. En dito libro, Ussher explica que despois dunha «escrupulosa» análise dos textos bíblicos chegou á conclusión de que Deus creou o ceo e a terra no ano 4.004 a.c. Asemade, o diluvio universal aconteceu no 2.348 a. c. e Xesús naceu no 4 a.c.

A suposta precisión dos cálculos lle proporcionou una grande verosimilitude, polo que a partires de ese momento, e a falta de argumentos que o refutaran, adoptouse dito calendario. Durante os séculos xviii e xix, baixo o pensamento ilustrado, foi posible descubrir gran cantidade de restos fósiles que suxerían a pouca veracidade das datas propostas por Ussher. Por exemplo, Boucher de Perthes atopou en Abbeville (Francia) en 1846 industria lítica xunto a restos de animais extinguidos, o que demostraba a súa coexistencia e polo tanto a grande antigüidade do home. Hoxe sabemos que a terra ten arredor de 4.500 millóns de anos e a aparición do xénero homo, máis de 2 millóns de anos. Os avances da ciencia restaron credibilidade á igrexa, pero en vez de arrebatarlle a hexemonía do pensamento occidental, a ciencia cedeu ao capitalismo.

Hai uns 10.000 anos, na revolución neolítica, o home estableceuse por primeira vez en pequenos poboados que deron orixe á agricultura, e con ela á modificación da súa contorna. Pero non foi ata a aparición do capitalismo (na procura do máximo beneficio) no século xviii e sobre todo no xix, cando se produce una verdadeira pillaxe dos recursos naturais que medra exponencialmente ata hoxe, cando moitos pensan que xa é irreversible. A esta época a coñecemos como Antropoceno, polo impacto global que produce a actividade humana.

Dende Aula D, Escola de Deseño propuxemos a antigos alumnos e alumnas (que hoxe son deseñadores gráficos ou de interiores) que representaran a súa idea de Antropoceno mediante imaxes. Hai propostas explícitas e outras máis abstractas, pero en todas apréciase un pesimismo pouco contido.

Dixo o pensador francés André Malraux: «O século XXI será espiritual ou non será». Con estes poucos anos que levamos de século sí podemos afirmar xa que o século xxi é, entre outras cousas, superficial.

Xerardo Pérez Medrano, Director de Aula D.

Moitas grazas a todos os compañeiros de Aula d que participaron neste número e a Alfons Freire por darnos a oportunidade de expresar os nosos mensaxes sobre este tema, que dende o punto de vista do deseño, tamén de nós cerca .

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba