Xornadas de Creación Transversal 2019

Como é habitual, durante as últimas dúas semanas lectivas do ano en Aula D traballamos nas Xornadas de Creación Transversal. Todo o alumnado de primeiro e segundo ano dos Ciclos Formativos de Grao Superior de Deseño Gráfico e de Deseño de Interiores se reparte aleatoriamente por grupos para traballar nunha proposta creativa e alternativa entre a arte e o deseño.

Este ano o tema ten por título o deseño de Puntos de recarga emocional. Paralelamente ao desenvolvemento do traballo se imparten charlas sobre temas paralelos como mapas e cartografía, deseño e emocións, o punto como lugar no espazo, exemplos audiovisuais, o situacionismo, …

Finalmente, o venres 20 de decembro os grupos terán que presentar e explicar os seus traballos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba