5ª Bolsa de Estudos en Deseño Aula D

Aula D convoca a 5ª edición da Bolsa de Estudos en Deseño.

Cúmprense 30 anos dende que a escola comezou a súa actividade aló polo ano 1987; durante este tempo tivemos a oportunidade de formar a numerosos alumnos e alumnas, de organizar exposicións, charlas, de colaborar con profesionais, de disfrutar cada día do Deseño, da Arte, da Arquitectura, da Fotografía… Seguimos adiante, coa mesma ilusión, alimentada por todo isto que tanto nos inspira, e tamén con novos e importantes proxectos á vista que desenvolveremos durante o vindeiro curso.

«Para participar no concurso deberás enviar unha imaxe orixinal que fale do paso do tempo, do pasado e do futuro, que nos amoses aquelo que te motiva a través da creatividade. O importante é que a túa idea sexa orixinal, fuxindo dos tópicos e aportando algo novo, ben polo concepto, pola formalización ou por ámbalas dúas cousas.

A luz, os materiais, a cor, o volume, os usos, as persoas, os lugares, o significado… pensa nestas e outras cousas para cambialas, darlles a volta, ou traballar con elas. Tes liberdade para utilizar calquera técnica, material ou elemento, que pola súa forma, concepto ou contexto, aporte significado á túa idea.»

Concederase unha bolsa de estudos consistente na realización sen custo do primeiro ano nun dos ciclos oficiais impartidos no centro: Comunicación Gráfica e Audiovisual (Técnico Superior en Gráfica Publicitaria) ou Deseño de Interiores (Técnico Superior en Proxectos e Dirección de Obras de Decoración).

As bases da convocatoria pódense consultar na páxina web da escola.
O prazo de admisión de propostas remata o 7 de xullo.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba