Este ciclo de Grao Superior, regulado polo Decreto 94/2015, pertencente á familia profesional de Comunicación Gráfica e Audiovisual, proporciona ao alumnado unha formación artística e técnica de calidade e garante a cualificación dos futuros profesionais das artes plásticas e o deseño. Por iso o currículo inclúe, amáis dos coñecementos académicos vinculados ao ensino máis tradicional, outros aspectos inherentes á formación profesional, que permiten a incorporación no mercado laboral cun elevado grao de formación, facilitando ao alumnado desenvolverse sen problemas nas diferentes disciplinas que demanda o sector.
O ciclo encóntrase completando o proceso de converxencia coa actual normativa europea incorporando, a partir do curso 2014-2015, o sistema ECTS mediante o que o alumnado disporá, unha vez rematados os estudos, de 120 créditos no seu expediente.
Na actualidade Aula D é o único centro autorizado en Galicia que imparte este ciclo de acordo co regulamento establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para estes estudos oficiais.
PLAN DE ESTUDOS
Accede á programación do ciclo (duración, módulos, prácticas, etc)
GALERÍA DE TRABALLOS
Unha escolma dos traballos realizados por algúns dos nosos alumnos e alumnas.
SAIDAS PROFESIONAIS
Unha relación das saídas profesionais ás que é posible acceder unha vez completado o ciclo.
ACCESO Á UNIVERSIDADE
Infórmate dos Estudos Superiores de Grao aos que da acceso este ciclo.