O mércores 17 de febreiro rematou o Curso de Escaparatismo. O proxecto proposto durante estes días trataba dun escaparate para promocionar unha bicicleta de madeira que fabrica unha empresa local. As alumnas asistentes explicaron a súa visión persoal do tema sobre unha maqueta a escala 1/5, e estes son os resultados. Noraboa a todas.

