Os alumnos de 2º curso de Deseño de Interiores e o grupo do Curso de Escaparatismo visitaron hoxe as instalacións de Quality Leds na rúa Romil, 28 en Vigo.
Quality Leds é unha empresa especializada en iluminación con tecnoloxía led, tanto na fase de cálculo e proxecto como na de instalación e montaxe, asemade a venda de lámpadas e lumniarias na propia tenda.
A charla de hoxe deu conta dos conceptos característicos da luminotecnia e criterios á hora de iluminar con leds espazos residenciais e comerciais.
Queremos dende aquí dar as gracias un ano mais a Marga e a Borja polo bo trato que nos dispensan.

