Como ven sendo costume en Aula D, as dúas últimas semanas lectivas do ano adicámolas ao traballo conxunto. Un proxecto no que todo o alumnado da escola, tanto de deseño gráfico como de interiores, ten a oportunidade de traballar en grupos desenvolvendo un proxecto fora da rutina académica, onde prevalece a imaxinación e a creatividade máis aló do propio deseño.
Despois da grata experiencia do ano pasado Islas, náufragos invisibles , coa participación do fotógrafo Miguel Núñez e o poeta Julián Rodríguez, este ano temos a colaboración de La Canalla, que nos propón o tema Cose unha Casa / Habita unha prenda, que realizaremos do 9 ao 18 de decembro.

O traballo comeza o mércores 9 ás 10.00h cunha presentación de La Canalla sobre a súa traxectoria artística e unha proposta de actividade para reflexionar e experimentar o mundo téxtil.
Coser = Construir
Habitar = Doutar de identidade
