Co gallo da conferencia que impartirá o vindeiro venres entrevistamos a Iria del Bosque, deseñadora de interiores e ex-alumna de Aula D. Tras o seu paso pola escola, e despois de especializarse en deseño de exposicións e arquitectura efémera, na actualidade desenvolve a súa labor profesional en Madrid.
Entre os seus traballos recentes poderíamos destacar CASA//ARTE, do que nos falará próximamente. Igualmente no seu blog podemos atopar unha relación dos seus proxectos co valor engadido de que, máis aló das imaxes, Iria relata as necesidades e claves de cada un deles.
