«EVENTO» será o título da conferencia impartida pola deseñadora Iria del Bosque

O vindeiro venres 8 de novembro ás 12:00 temos cita en Aula D dentro do ciclo de conferencias que organiza a escola; aproveitando o seu paso pola cidade de Vigo, a deseñadora Iria del Bosque aceptou amablemente a nosa invitación para facer un percorrido pola súa traxectoria profesional e compartir con nós a súa derradeira experiencia proxectando e dirixindo a montaxe en Madrid da “Feria de Iniciación al Coleccionismo” CASA//ARTE: 2012.

Baixo o título “EVENTO” falará  de como a dispoñibilidade, a flexibilidade e a toma de decisións son fundamentais nas sucesivas fases do proxecto e da montaxe, así como nos demais aspectos colaterais que se presentan durante o proceso.

1 comentario sobre “«EVENTO» será o título da conferencia impartida pola deseñadora Iria del Bosque

  1. Responder

    […] gallo da conferencia que impartirá o vindeiro venres entrevistamos a Iria del Bosque, deseñadora de interiores e ex-alumna de Aula D. Tras o seu paso […]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba