O xoves 4 de xullo falamos de Arquitectura dirixido polo arquitecto e profesor desta escola Xerardo Pérez Medrano. Iniciamos o obradoiro facendo unha reflexión sobre o cuarto no que vivimos, e intentamos debuxalo. Repasamos distintos métodos de representación (alzados, seccións, perspectivas, plantas,…). Debuxamos a casa en situacións extremas: nunha árbore, sobre o mar, baixo o mar, …
Como iniciación á arquitectura moderna estudiamos a Casa Farnsworth, de Mies van der Rohe, unha casa minimalista no medio dun bosque, sen portas e pechada na totalidade con vidros. Os nen@s estaban fascinados.
Finalmente construimos dita casa con pezas de Lego.

