Wonchan Lee: Packaging para Premium Belgian Beer


Premium. Belgian. Beer. Esas son as tres palabras que tiña que ter en conta Wonchan Lee (deseñador con sede en Australia) ao deseñar a gama para esta marca de cervexa. O obxectivo era diferenciar a marca e o packaging doutros competidores no mercado, así como comunicar con claridade e manter a identidade desta.

Premium Belgian Beer emprega unha paleta de cores bastante sobria durante todo o deseño que xunto coa cor da cervexa crea gran contraste, o que fai, entre outras cousas, que este packaging sexa tan vistoso. Por outra banda, empregáronse materiais para que o paquete sexa moito máis lixeiro que un convencional conseguindo tamén abaratar os custos e gastos de envío á hora de transportalo.

Vía | experimenta

Beach House I-5

Beach House I-5 é unha vivenda que foi deseñada por Vértice Arquitectos (un estudio de arquitectura que se atopa en Lima, Perú) e encóntrase situada na parcela 5 de Lomas del Mar, ao sur de Lima.

Os dous obxectivos principais para levar a cabo este proxecto foron o de aproveitar ao máximo a mellor vista ao mar e, á súa vez, o terreo. Deseñáronse dous volumes paralelos para alcanzar o primeiro obxectivo (ámbolos dous unidos por un eixo principal que remata nunha piscina con vistas á praia) e tamén algúns beiriles para sacarlle o máximo partido ao terreo.

Os materiais utilizados no proxecto foron pintura branca para as paredes, aceiro inoxidable, cristal morno e pedra de granito. A piscina está pechada por un vidro laminado de dobre cara o que fai posible visionar o mar como no resto da casa.

Vía | archdaily

Abrir publicación

O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre

O vindeiro luns 26 de novembro ás 12:00 horas, en aulaD (Centro Autorizado de Artes Plásticas e Deseño) contaremos coa presenza de Alberto González-Alegre que impartirá a charla coloquio O bosquexo do mundo. Unha exposición feita para o museo do MARCO, que se inaugurará o 18 de xaneiro de 2013, comisariada polo propio Alberto González-Alegre e Angel Cerviño. Seguir leyendo «O bosquexo do mundo: charla-coloquio impartida por Alberto González-Alegre»

Cursos monográficos 2013

En Aula D,  Escola de Deseño estamos de aniversario. Levamos 25 anos coa dedicación exclusiva de formar profesionais do deseño. Co pulo de adaptarnos ás novas circunstancias sociais e profesionais, e atendendo a algunhas solicitudes, ofertamos unha serie de cursiños monográficos en 2013.

Os cursos están dirixidos a 2 tipos de alumnado:
NIVEL BÁSICO: Persoas que se queren iniciar no mundo do deseño.
NIVEL AVANZADO: Profesionais ou estudantes de deseño gráfico ou interior, que desexan complementar a súa formación.

cursos 2013

O horario dos cursos será os venres de 19.00h a 21.00h e sábados de 10.00h a 14.00h para non interferir co resto de actividades dos asistentes.
Nas próximas semanas concretaremos o calendario e os contidos, duración… Se tedes algunha suxerencia sobre estes ou outros cursos podedes contactar con cursos@aulad.com

[ACTUALIZACIÓN]  – Xa está dspoñible o calendario de cursos para os meses de xaneiro e febreiro; podedes consultalo no seguinte enderezo:
https://aulad.com/blog/2012/12/10/cursos-monograficos-xaneirofebreiro-2013/ 

Un saúdo. Aula D

Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.

Dende o 29 de outubro e ata o 29 de novembro albergarase no espazo polivalente de aulaD, escola de deseño, a exposición itinerante pertencente ao Certamen Fotográfico do recoñecido fotógrafo galego Xurxo Lobato, que xa conta coa súa oitava edición. Nesta convocatoria participaron 500 obras de diferentes alumn@s de centros de ensinanza de toda Galicia, das que foron premiadas as seguintes: Seguir leyendo «Exposición fotográfica dos traballos presentados na 8 ª edición do concurso de fotografía Xurxo Lobato.»

Abrir publicación

EUROZOONE: Concurso de ideas dirixido a arquitectos.

O COAG e a compañía teatral Chévere fusionáronse para levar a cabo un concurso de arquitectura cunha dotación de 6500 euros co gallo do estreo de EUROZOONE o vindeiro mes de xaneiro. Desta forma, por unha banda conseguirase un escenario móbil consonte co último espectáculo da compañía e por outra, segundo afirma Jorge Duarte (Decano do colexio de Arquitectos), abrirá novas vías de traballo que os arquitectos temos abandonados, ao tempo de dar unha mensaxe crítica sobre o uso da arquitectura como reflexo do poder e afastada da sociedade.
O prazo de recepción das obras será ata o próximo 12 de novembro e resolverase o día 23 do mesmo mes tendo ata o 14 de xaneiro para levarse a cabo a proposta gañadora. Os/as interesados, poderán consultar as bases aquí.

vía | lavozdegalicia

Cite de l’architecture & heritage : a arquitetura do papel.


Desde o xoves 11 de outubro e ata o mes de marzo do próximo ano 2013, celébrase en “cite de l’architecture & heritage” unha exposición que conta con cinco diseñadores que non só comparten un mesmo gusto pola luz senón que tamén empregan o papel como material que dá sentido á arquitectura. Temáticas coma o origami , cidades imaxinarias ou completamente xeométricas e icónicas están presentes en toda a mostra, que conta coa presenza de: Ingrid Siliakus, Beatrice Coron, Stephanie Beck, Mathilde Nivet e Peter Callesen.

vía | designboom

Navegación de entradas

1 2 3 22 23 24 25 26 27 28 30 31 32
Volver arriba