
O vindeiro dia 2 de maio visitaranos unha delegación do departamento de recursos humanos do grupo Inditex interesados en seleccionar alumnado e exalumnado desta escola de cara a unha posible incorporación en setembro no departamento de deseño gráfico textil da marca Pull&Bear, a través de 4 bolsas de traballo remuneradas, a xornada completa e dun ano de duración.
Tras unha presentación farán unha breve entrevista entre os candidatos /as que se axusten aos seguintes requisitos:
- Alumnado do último o ano ou exalumnado que teña rematado os seus estudos nos últimos 3 anos.
- Que non teña traballado (con contrato laboral) ou se beneficiara previamente doutras bolsas de traballo como deseñador gráfico.
A presentación e entrevistas darán comezo ás 16:30, e pregamos máxima puntualidade entre os interesados/as.
Se estás interesado/a en asistir, e para facilitar a organización das entrevistas agradecemos que nos facilites os teus datos a través do seguinte formulario.
_________
