Como todos os anos os alumnos de Segundo Curso de Deseño de Interiores, fixeron un proxecto de iluminación sobre un dos seus traballos de curso (Proxecto dun Coworking) experimentando co programa Dialux, que é un software específico para o cálculo e representación 3d de iluminación interior e que xa ten dispoñible a súa versión evo 6.0. Ésta é unha escolma das súas maquetas virtuais.

