Remata o 3º Curso de Reforma de Vivenda

03

O pasado 8 de xuño rematou o Curso de Reforma de Vivenda que Aula D vén organizando por terceiro ano consecutivo. Na programación desta convocatoria incluíuse ademáis  un módulo introdutorio ao programa de modelado 3D Sketchup, o que aportou un alto nivel de acabado na representación dos proxectos realizados.

Co apoio de exemplos prácticos e clases teóricas de aproximación ao modelo de vivenda contemporánea, así como aos hábitos na forma de vida, profundizouse en aspectos esenciais no deseño de interiores tales como a ergonomía, a articulación espacial, modulación e mobiliario, sistemas construtivos, acabados e instalacións. Cada alumno desenvolveu e expuxo en público o seu propio proxecto de reforma partindo dunha vivenda de 80 m2, para unha hipotética parella que realiza o seu traballo parcialmente na casa e que quere deixar previstas as futuras transformacións no caso de ter descendencia, así como outras necesidades.

Cabe destacar a implicación e resultados obtidos polos participantes neste curso, máis tendo en conta que en moitos dos casos tratábase do primeiro achegamento a un proxecto destas características, algo polo que todo o profesorado quere felicitar a tódolos alumnos e alumnas.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba