O pasado mes de setembro un grupo de profesores e alumnos de Aula D démonos cita na Alameda de Bouzas, na cidade de Vigo, para visitar a exposición LABUELA PETRA, residencia artística.
A exposición realizouse intervindo o interior dunha casa familiar de dous andares: un total de catro cuartos onde cada un dos autores presentou o seu traballo ás máis de sesenta persoas que alí nos reunimos para sermos espectadores privilexiados desta inusual e suxerente proposta. En palabras dos seus autores:
O proxecto vira entono a unha casa deshabitada actualmente en venda; tendo como finalidade a reciclaxe e creación de vida nun espazo inerte.
Ésta convírtese no punto de partida da obra de cada artista, e á súa vez, no laboratorio creativo onde se nutren e comparten diferentes puntos de vista, vivencias e coñecementos. Sendo a casa de LABUELA PETRA continente e contido das obras.
Así, Borja Bernárdez déixanos na instalación «Resonancias» a presenza na casa das diferentes xeracións, que abranguen dende os seus bisavós -que foron os que a mercaron ata que a deixaron de habitar- aos seus avós, logo de morrer Petra, a súa dona.
Iria del Bosque recrea un comedor ingrávido detido nun soño, no espazo de tempo no que a estancia é invadida por herbas e silveiras. A mesa, disposta para a presencia intanxible dun único comensal.
Isaura Docampo imaxina en «Tea for two» o cuarto de Edith Ewing Bouvier Beale e a súa filla Edith Bouvier Beale , parientes dos Kennedy…
Martín Rodríguez Vázquez permanece día e noite na casa na procura da presencia dalgún morador doutro tempo: unha billa aberta, unha cadeira fronte a un televisor prendido e sen sintonizar nunha casa deshabitada…
A súa montaxe de vídeo «Espacios 06.03.00».
E con eles está Ana García Vieiros como encargada da comunicación do proxecto.