Fai uns 10 anos a artista Ingrid Siliakus descubriu a Arquitectura Origámica da man do profesor Masahiro Chatani, do cal estudou a súa obra, quedando dende entón fascinada por esta disciplina; por mor disto, adicouse a investigar e crear pequenas obras arquitectónicas de gran detalle e de apariencia fráxil pero estructuralmente complexas.
As súas especialidades son os edificios dos maestros da arquitectura e as esculturas abstractas complexas, sendo os seus traballos próximos aos doutros artistas como Marivi Garrido, Takaaki Kiharo, Keiko Nakazawa, ou o propio Masahiro Chatani.
Ademáis de múltiples exposicións, editou tamén un libro, que recolle parte do seu traballo, titulado From building to card.
Para saber máis sobre a súa obra e a Arquitectura Origámica véxase:
http://ingrid-siliakus.exto.org/
http://www.flickr.com/photos/paperarchitect/
http://members.ams.chello.nl/rebran/gebned.htm
http://members.ams.chello.nl/rebran/eschereng.htm
¿Pode ter que ver coa arquitectura alpina de Bruno Taut e ó expresionismo alemán? Penso que sí…
Moitos tivemos a sorte de ter libros desplegables cando éramos cativos (bueno non tan sofisticados como os das imaxes) e qué pasada de libros…
BoS ReCoRDoS…
Pd. Noraboa polo blog