Ven de rematar o curso impartido por Alberto García, Processing, fundamentos de programación creativa. Durante a súa duración os asistentes puideron introducirse no manexo desta linguaxe de programación así como explorar as súas características e capacidades de representación e interacción. Agardamos poder ver pronto os froitos desta primeira toma de contacto.
O pasadovenres inauguramos a exposición11 lámparas vestidas, un proxecto levado a cabo por Xan Centrón, Miguel Vázquez, Sara Veiga e Nerea Villar, promotores de The Nude Design.
O concepto Nude xira en torno á idea de deseñar mobiliario e obxectos que poidan ser facilmente personalizables polos usuarios, nunha confluencia entre deseño industrial e deseño gráfico. A súa primeira creación é a lámpada Miss Mixx: Seguir leyendo «11 lámparas vestidas»
O pasado sábado 9 de febreiro tivo lugar en Santiago de Compostela o foro Propostas de avance para o deseño, promovido pola Asociación Galega de Deseñadores. O foro constituiuse en seis mesas temáticas:
1. A web como medio no contexto da edición
2. Educación e formación en deseño en Galicia
3. A produción do deseño galego
4. A comunicación do deseño galego
5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica
6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas
Dende a escola participamos na mesa de Educación abordando, entre outros, temas referidos á oferta formativa de deseño en Galicia, contidos impartidos nos diferentes niveis formativos, a relación existente entre a educación en deseño e o mundo laboral, así como a necesidade de incentivar a posta en valor do Deseño cara á sociedade, á empresa e ás institucións.
Fíxose tamén unha posta en común por parte de cada mesa das súas conclusións, algo que resultou especialmente enriquecedor e que servíu para pór de manifesto a coincidencia en temas como a necesidade de visibilizar e promover o Deseño feito en Galicia, o interés por potenciar a investigación, a busca da calidade -tanto en aspectos educativos, técnicos, de difusión, etc-, así como fomentar a relación entre profesionáis, institucións e centros educativos.
Igualmente quedou definido o compromiso de documentar todas estas conclusións, de forma detallada, e publicalas próximamente na web da DAG.
Incríble instalación da artista xaponesa Yayoi Kusama na Gallery of Modern Art de Brisbane, Australia. A idea do proxecto baseouse en pór a disposición do público un espazo doméstico grande, branco e baleiro que poidese servir como lenzo de traballo ou espazo expresivo. Así, ao longo de dúas semanas, déronse milleiros de adhesivos -en forma de puntos de cor- aos visitantes máis pequenos, os nenos, e foron invitados a intervir libremente no espazo co suxerente resultado que podedes ver nas imaxes…
O estudio zo-loft, tomou como punto de partida os tradicionais bolis Bic para facer unha proposta conceptual na que a tapa, algo que de cotío ten pouca utilidade, (e que case sempre rematamos levándonos á boca), pasa a converterse no elemento principal deste deseño. A idea é que os bolígrafos poidan servir, ademais de para escribir, para ser usados como cubertos. As vantaxes poden ser moitas, xa que cun pequeno custo de producción estes bolis-cuberto poderían ser de especial utilidade, por exemplo, en países en desenvolvemento ou en comunidades con poucos recursos. Están feitos de materiais non tóxicos, axeitados para o sector alimentario.