Mostra de traballos de Expresión Gráfica

Nesta mostra, exposta actualmente no espazo polivalente do centro, inclúense os exercicios do último trimestre do curso 2012-2013 pertencentes ao módulo de Expresión Gráfica.

Tras seis meses de traballos máis formais, tentando representar correctamente as proporcións, as sombras e a cor, durante o período final do primeiro curso os alumnos de Gráfica Publicitaria teñen a oportunidade de experimentar maneiras diferentes de versionar unha mesma imaxe dun xeito máis libre, espontáneo e expresivo utilizando técnicas como a grisalla, acuarela (imitando os debuxos de Egon Schiele), garabatos, liña pura, tinta chinesa ou dripping. Nestes exercicios, tras interiorizar a imaxe que lles serve de inspiración, os alumnos xa son capaces de centrárense plenamente nas posibilidades expresivas dos materiais.

Entre os traballos expostos pódense ver tamén debuxos do natural -feitos na rúa- e exercicios de debuxo rápido nos que, de xeito intuitivo e en moi pouco tempo, os alumnos deben ser capaces de realizar un retrato dos seus compañeiros conseguindo captar e representar non só as formas senón tamén o carácter da persoa.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba