Paper Lake no Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín.


Recentemente vimos  de coñecer que a peza de vídeo Paper Lake, na que un dos nosos ex-alumnos, Simón Lara, participa como Director de Arte, foi seleccionada para formar parte da sección oficial do Festival Internacional de Curtametraxes de Berlín, que se celebrará o vindeiro mes de novembro.


A peza xestouse inicialmente como proxecto académico, xunto con catro integrantes máis, para a asignatura de Animación na Universidade de Karlstad (Suecia), onde Simón estudou como becado no ano 2012. O interés por poder experimentar acerca do movemento da figura humana e a súa relación coa música levounos a pensar e traballar sobre a base de O Lago dos Cisnes de Tchaikovski.
O feito de que o argumento desta obra clásica sexa xa ben coñecido polo público permitiu ao grupo abordar a historia dende os aspectos estéticos: luces e sombras, o ben contra o mal, o branco e o negro… conformando paralelamente un eixo conceptual que evoluciona a través do desenvolvemento formal da dualidade.

Sobre a técnica e a planificación Simón coméntanos:

fue simple en su ejecución, pero laborioso en su proceso. Todo comenzó grabando una representación teatral del lago de los cisnes. Tras una fase de edición para ajustar el material de vídeo, y la historia que queríamos contar, a la pieza musical. Tras este paso se procedió a imprimir 1900 fotografías, que corresponderías a cada uno de los fotogramas de la animación (12 fotogramas/segundo). Posteriormente se dibujó a mano cada una de las siluetas que rodean a la bailarina, teniendo en cuenta la historia que se contaba y su avance en el tiempo. Hecho esto se cortó cada una de las siluetas.

Se trabajó con la técnica de Stop Motion, con lo que cada una de las imágenes se situó en un escenario a escala en el que se colocarían cada una de las fotografías, con sus correspondientes movimientos de cámara y luces.

Sen dúbida Paper Lake é un deses proxectos que, de entrada, se imaxinan como imposibles pero que, pouco a pouco e con moito esforzo e ilusión, vanse facendo absolutamente reais, pasando de ser un mero traballo académico a converterse nunha verdadeira historia contada dende a emoción e a sensibilidade.

Moitos parabéns por este recoñecemento a un traballo ben feito.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba