Cinco alumnos de aula D premiados no Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

Nesta 9º edición do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato presentáronse 815 fotografías cun total de 350 participantes. Ao acto de entrega de premios, levado a cabo no Instituto de Monelos, na Coruña, asistiu o rector da Universidade da Coruña, Xose Luis Armesto, e o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, Xosé Manuel Pereiro.

Dende aulaD queremos dar os nosos parabéns á organización do concurso polo seu esforzo en pór en valor, promover e difundir ás novas promesas da creación fotográfica galega.

Tamén felicitamos a cinco dos nosos alumnos que resultaron galardonados na presente edición: Daniel Chapela, Mari Carmen Martínez, Andrés Aguiar e Uxía Benlloch, premiados con cadanseu accésit e, de xeito moi especial, a Sandra González Villanueva, que obtivo o 1º premio co seu traballo Simbiosis, sendo así o segundo ano consecutivo que unha das nosas alumnas acada este recoñecemento.

2 comentarios sobre “Cinco alumnos de aula D premiados no Concurso de Fotografía Xurxo Lobato

  1. Responder

    […] queremos lembrar o traballo Simbiosis, realizado pola nosa alumna Sandra González Villanueva, e gañadora da anterior edición, esperando que sirva de estímulo para que este ano poidamos ver un bo número propostas igual de […]

  2. Responder

    […] Do mesmo xeito, queremos felicitar moi especialmente ós nosos alumnos Nerea Paños Boente e Diego Orge Vázquez que resultaron galardonados con cadanseu accésit na presente edición por dous excelentes traballos, así como aos finalistas Antía Méndez Conde-Pumpido, Fátima Comedeiro Darrosa, Ismael Estévez Carneiro e Ana Belén Pérez Castro, seguindo así todos eles a traxectoria de anos anteriores nos que outros alumnos desta escola obtiveron recoñecemento nestes premios (2013, 2012). […]

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Volver arriba