Como remate do primeiro trimestre do curso 2012 – 2013, Aula D organizou un seminario en torno as técnicas escenográficas propias do medio televisivo, impartindo para elo clases teóricas de aproximación ás características deste medio dentro do campo da escenografía en xeral. Seguir leyendo «Exposición «Webexpress»»
O vindeiro venres 8 de marzo, na Escola de Deseño Aula D -na rúa Ourense 4, baixo, en Vigo-, o grupo tiNGLao, formado por Emilia Guimeráns e Jorge P. Conde, presenta a mostra de traballos de fotocerámica, “A mirada cega”, que forma parte da serie ûRb-vg, composta por imaxes urbanas de Vigo reveladas sobre placa cerámica sen vidriado, mediante a antiga técnica fotográfica da goma bicromatada. A inauguración será a partires das 21:00h e poderase visitar dende o día 8 de marzo ate o día 5 de abril.
Este mes remata o prazo de presentación de traballos para a nova edición (e xa vai pola novena) do Concurso de Fotografía Xurxo Lobato. Agardamos que a calidade dos proxectos seleccionados sexa igual de boa, ou se cabe mellor, ca dos do ano pasado onde resultou premiada a nosa alumna Sandra Tomé Argibay cunha serie de imaxes pertencentes ao seu proxecto personal do módulo de Fotografía A trip to the past present.
Ven de rematar o curso impartido por Alberto García, Processing, fundamentos de programación creativa. Durante a súa duración os asistentes puideron introducirse no manexo desta linguaxe de programación así como explorar as súas características e capacidades de representación e interacción. Agardamos poder ver pronto os froitos desta primeira toma de contacto.
O límite non é o lugar onde remata o espazo, senón, como recoñeceron os gregos, o lugar a partir do cal empeza a cobrar a súa propia existencia.
Martin Heidegger
Cabana para estudante, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do primeiro ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se parte dun colector estándar situado no monte da Guía de Vigo e de dimensións 2,44 x 6,10 x 2,59 m (la x lo x h). O proceso de deseño tiña que abordar as cuestións conceptuais, programáticas, organizativas e funcionais implícitas neste proxecto, sempre dende unha perspectiva global e non como unha mera suma de obxectos dentro do espazo. Seguir leyendo «Cabana para estudante por Sara Parada»
O pasadovenres inauguramos a exposición11 lámparas vestidas, un proxecto levado a cabo por Xan Centrón, Miguel Vázquez, Sara Veiga e Nerea Villar, promotores de The Nude Design.
O concepto Nude xira en torno á idea de deseñar mobiliario e obxectos que poidan ser facilmente personalizables polos usuarios, nunha confluencia entre deseño industrial e deseño gráfico. A súa primeira creación é a lámpada Miss Mixx: Seguir leyendo «11 lámparas vestidas»
O pasado sábado 9 de febreiro tivo lugar en Santiago de Compostela o foro Propostas de avance para o deseño, promovido pola Asociación Galega de Deseñadores. O foro constituiuse en seis mesas temáticas:
1. A web como medio no contexto da edición
2. Educación e formación en deseño en Galicia
3. A produción do deseño galego
4. A comunicación do deseño galego
5. Historia do deseño galego e a identidade tipográfica
6. O tratamento do deseño por parte das administracións públicas
Dende a escola participamos na mesa de Educación abordando, entre outros, temas referidos á oferta formativa de deseño en Galicia, contidos impartidos nos diferentes niveis formativos, a relación existente entre a educación en deseño e o mundo laboral, así como a necesidade de incentivar a posta en valor do Deseño cara á sociedade, á empresa e ás institucións.
Fíxose tamén unha posta en común por parte de cada mesa das súas conclusións, algo que resultou especialmente enriquecedor e que servíu para pór de manifesto a coincidencia en temas como a necesidade de visibilizar e promover o Deseño feito en Galicia, o interés por potenciar a investigación, a busca da calidade -tanto en aspectos educativos, técnicos, de difusión, etc-, así como fomentar a relación entre profesionáis, institucións e centros educativos.
Igualmente quedou definido o compromiso de documentar todas estas conclusións, de forma detallada, e publicalas próximamente na web da DAG.
Coworking Galego, é proxecto que se desenvolveu no 1º trimestre do segundo ano do Ciclo Formativo de Grao Superior de Proxectos e Dirección de Obra de Decoración que se imparte en AulaD , un traballo no que se propoñía definir a organización espacial e os aspectos estéticos dun espazo dado. Seguir leyendo «Coworking Galego: proxecto dun espazo administrativo por Fernando Pena»
O día 16 de xaneiro tivo lugar na escola a charla da ex-alumna e actual directora da revista cultural CROA Magazine, Marta Villar, falándonos do seu emocionante proxecto. Deixámosvos unha entrevista onde se fai un percorrido por algunhas das cuestións das que nos falou, así como tamén un pequeno extracto da charla.
Os días 11 e 12 iniciouse o ciclo decursos monográficos en aula D, para o ano 2013, co seminario de Introducción á Tipografía impartido por Diego Fernández, deseñador e profesor da escola. Levouse a cabo unha panorámica histórica da evolución da escritura e a tipografía nas súas diferentes etapas, así como unha aproximación á morfoloxía dos caracteres (estructura, as súas partes, variacións e estilos, etc).
Polo debate e as preguntas fíxose patente que entre os e as participantes había gañas de profundizar un pouco máis e tocar temas que, pola brevidade do curso, quedaron fora de tempo ou en segundo plano.
Agardamos que en vindeiros cursos e obradoiros sobre tipografía poidamos adentrarnos xa en cuestións próximas á práctica profesional e desenvolver ámbitos máis concretos desta apaixonante disciplina do deseño.